Salvaterra de Miño | Concello de Salvaterra de MIño

XVI Encontro de Mulleres de Soutomaior en Salvaterra de Miño

sáb29mar09:00sáb21:00XVI Encontro de Mulleres de Soutomaior en Salvaterra de MiñoConcello de Soutomaior09:00 - 21:00 Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O Concello de Soutomaior organiza a XVI edición do seu Encontro de Mulleres, unha cita que ten como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio.

Un evento que terá lugar o sábado 29 de marzo e cuxo destino será, neste ano, Salvaterra de Miño.

Esta actividade conta con financiamento por parte do concello, da concellería de Igualdade e de Benestar Social, e, contando con este investimento as mulleres que desexen asistir terán que pagar unha parte que constará de 25 euros as empadroadas en Soutomaior e de 30 euros para as non empadroadas. Un prezo que inclúe todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada deste encontro.



As inscricións para este evento serán en liña, a través da web do Concello www.soutomaior.gal e ditas inscricións estarán abertas dende o 6 ata o 17 de marzo ás 14:00h. Todas as mulleres que o desexen tamén poderán facer a inscrición de xeito presencial no Concello e no Multiusos en horario de 9:00 a 14:00h.

Así, deste modo, para o Encontro do 29 de marzo o autobús sairá ás 9:00h. do Concello e ás 9:15h. do cruce de Pierres, en Arcade. Unha vez chegadas a Salvaterra de Miño as asistentes terán a opción de elixir a actividade da mañá que será: as termas ao aire libre de Salvaterra de Miño ou a visita ao Museo da Ciencia do viño.

Trala actividade de mañá terá lugar a comida que será no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado o xantar a actividade da tarde trasladarase a unha visita pola fermosa vila de Vilanova de Cerveira, no caso de que chova, dende o Concello teñen un plan alternativo para a xornada.

O regreso deste encontro será sobre ás 19:30h. de Vilanova de Cerveira coa chegada ao Concello en torno ás 21:00h.

Hora

(Sábado) 09:00 - 21:00

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!