This is a repeating event

XVII Congreso Nacional de Numismática en Pontevedra

sáb14set09:00XVII Congreso Nacional de Numismática en Pontevedra‘Numismática, que e para que?' 09:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Do 12 ao 14 de setembro de 2024, o Edificio Castelao acollerá a XVII edición do Congreso Nacional de Numismática, organizado polo Museo de Pontevedra e a Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos.

‘Numismática, que e para que? Xeración e transferencia de coñecemento’ é o tema que vertebrará esta edición do congreso. Profesionais procedentes de distintos ámbitos relacionados con esta disciplina protagonizarán sesións de debate nas que se poñerá o foco no futuro que lles espera ao estudo e á divulgación desta ciencia.

Tamén terán cabida a presentación e a comunicación de estudos recentes sobre coleccións, novos achados e proxectos de investigación en desenvolvemento. A programación completarase con actividades didácticas.



Con esta edición preténdese crear un espazo de diálogo común no que participen persoas especialistas e iniciadas, achegar a disciplina a quen non a coñeza e xerar un compromiso de coparticipación entre aquelas que a manteñen vixente para establecer novas dinámicas que garantan a súa supervivencia.

Máis información, programa e formulario de inscrición aquí.

Hora

(Sábado) 09:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!