XXI Festa do Pan de Ribadumia

sáb10ago17:00XXI Festa do Pan de RibadumiaConcello de Ribadumia17:00 Carballeira de Barrantes - Ribadumia

Detalles do Evento

A programación da XXI edición da Festa do Pan que se celebrará o sábado 10 de agosto na Carballeira de Ribadumia é a seguinte:

  • De 17:00 a 19:00 h. Recollida de sobremesas elaboradas con pan e empanadas de millo para o “XXI Concurso de postres caseiros” e o “XIV Concurso de empanadas de millo”.
  • 18:30 h. Actividades infantís relacionadas coa elaboración do pan.
  • 19:30 h. Cartóons: un espectáculo familiar onde os intérpretes Víctor Mosqueira e Josito Porto, serán 2 náufragos cheos de aventuras.
  • 20:00 h. Catas dos concursos de sobremesas caseiras e empanadas de millo.
  • 20:30 h. Saída cara os Muíños do Batán acompañados do grupo Xironsa e do grupo de teatro Alecrín. A continuación, representación da “moenda do millo do país”, amasado e mostra de elaboración tradicional do pan de millo.
  • 22:00 h. Volta á Carballeira para a entrega de premios aos finalistas dos concursos, degustación de distintas variedades de pan e cea de confraternidade amenizada con música tradicional. Animación para toda a familia con inchables.
  • 23:30 h. Verbena a cargo do Dúo Caribe.
  • 24:00 h. Elaboración e degustación gratuíta de queimada.



Durante a festa poderemos degustar, acompañado do delicioso pan de millo do Salnés, ovos fritos por 2 euros, viño tinto do Salnés a 2.50 euros e papas de fariña milla ou chulas a 1 euro (ata agotar existencias). Tamén haberá empanada, polbo e sobremesas a prezos populares.

Haberá espazo para 1.000 persoas (non se reservan mesas).

Organizado polo Concello de Ribadumia coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Avícola Otres e Panaderías de Ribadumia (Carlos, Ponte Arnelas, Isidoroo e Boutique do Pan).


Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Carballeira de Barrantes

Barrantes

Está pasando!