This is a repeating event

XXV Subida á Escusa - Poio 2025

ven13xuñConsultarXXV Subida á Escusa - Poio 2025Campionato Galego de Montaña e Copa de España de Montaña(Consultar: venres) Concello de Poio - Poio

Detalles do Evento

Poio converterase esta fin de semana no epicentro do motor en Galicia coa celebración da XXV Subida á Escusa, unha das probas máis emblemáticas do calendario autonómico, que nesta edición acada unha participación récord de 75 pilotos. 

Trátase dun fito que consolida o crecemento desta cita, convertida xa nun referente tanto polos seus valores deportivos como polo apoio crecente da afección.

Nesta edición, a proba presenta unha novidade histórica: por primeira vez coinciden nela a celebración do Campionato Galego de Montaña e da Copa de España, sendo a única proba en Galicia que acolle esta última competición. Esta conxunción supón un importante recoñecemento ao prestixio da Subida á Escusa, que transcorre por un trazado de 3,3 quilómetros.

O venres 13, a partir das 18.00 horas, comezarán as verificacións técnicas e administrativas opcionais, mentres que a competición desenvolverase o sábado 14 e o domingo 15.

A quenda de adestramentos do sábado comezará ás 15.00 horas, seguida de dúas mangas. O domingo os motores acenderanse ás 9.00 horas co mesmo formato, unha quenda de adestramento e, posteriormente, dúas mangas de competición.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Poio

Está pasando!