This is a repeating event

XXXVI Festa da Ameixa de Campelo

ven18outConsultarXXXVI Festa da Ameixa de Campelo18, 19 e 20 de outubro de 2024(Consultar: venres) Praza da Granxa, Campelo - Poio

Detalles do Evento

Xa está todo preparado en Campelo para celebrar esta fin de semana a XXXVI Festa da Ameixa, que combina gastronomía, música e moito ambiente mariñeiro, cunha aposta clara por homenaxear á xente do mar cunha programación destinada para todos os públicos.

Ameixa á mariñeira, con fideos e con arroz poderase degustar ata o domingo nos postos de degustación habilitados. Será ameixa da lonxa de Campelo e da máxima calidade, produto que esta mesma semana estiveron recollendo as mariscadoras e mariscadores nos bancos marisqueiros da ría. Por iso, o alcalde, Ángel Moldes, incide en que “esta festa é unha oportunidade para promocionar un dos nosos produtos máis emblemáticos, pero tamén para apoiar a un sector que tivo que afrontar un ano moi duro e do que dependen centos de familias no noso municipio”.



Así, a festa inaugurarase ás 18.00 horas na Praza da Granxa, cun acto institucional amenizado pola Escola de Música Tradicional de Poio no que se vai entregar a Ameixa de Prata ás mariscadoras e mariscadores que se xubilaron no último ano, pero tamén se fará un recoñecemento a todas as persoas que impulsaron a festa, desde os promotores, membros da Asociación de Veciños de Campelo, ata as cociñeiros e as depuradoras que facilitaban o produto: Ricardo Collazo, José María Cores, Ricardo Pérez, Pedro Luis Soto, Ramón Blanco, Rafael Caldas, restaurantes Aquí Está, Casa Otilio, Bar Quiniela, Casa Laura, Ángela e José Benito Fernández Carballa.

A título póstumo, tamén se recordará a Emilio Castiñeira, Jaime Pousada e Francisco Villaverde, todos membros da Asociación de Veciños de Campelo, e a Germán Alvariño Ucha. Tamén hoxe, a partir das 20.00 horas, os asistentes poderán gozar da Canción Mariñeira, cun concerto das agrupacións Pontis Veteris e Os Chispas do Lérez.



Xa o sábado, Vides Novas actuará ás 12.00 horas, coincidindo coa apertura dos postos de degustación. A sesión vermú, amenizada polo grupo Terapia de Grupo, será ás 13.00 horas.

Para os máis pequenos, haberá ludotecas e obradoiros infantís gratuítos, entre as 13.00 e as 17.00 horas, e pola tarde o espectáculo familiar ‘Máis Saaabor!’, unha proposta cómica para o público infantil e familiar de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable. ‘Máis Saaabor!’ mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público.

No apartado musical, a proposta inclúe, desde as 21.30 horas, os concertos de Gustavo Almeida, que reúne o pop máis sofisticado e a música de autor do Brasil; do dúo Azúcar Moreno, que están celebrando o seu 40 aniversario na música cun espectáculo no que repasan os seus grandes éxitos, entre os que se inclúen ‘Devórame otra vez’, ‘Bandido’ ou ‘Solo se vive unha vez’; e o fin de festa porano Jorge Álvarez, un dos DJ máis renomeados do momento, especializado en fusionar sons actuais con temas icónicos urbanos.



Xa o domingo, as carpas de degustación estarán abertas entre as 13.00 e as 16.00 horas, e a xornada comezará coa actuación da Escola de Acordeóns de Campelo. Como o sábado, os máis pequenos tamén disfrutarán de ludotecas, obradoiros e talleres infantís gratuítos ata as 17.00 horas, mentres os maiores pode gozar da sesión vermú coa música en directo do grupo Take it Easy.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, o fin de festa correrá a cargo da orquestra Ritmo Joven, e dos fogos artificiais a partir das 21.30 horas.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Praza da Granxa, Campelo

Está pasando!