Concerto 'Zimmer, Williams e 100 anos de cine' en Vigo

sáb21feb19:30Concerto 'Zimmer, Williams e 100 anos de cine' en VigoRoyal Film Concert Orchestra19:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Baixo a dirección de director Fernando Furones, a Royal Film Concert Orchestra presenta en Vigo o concerto homenaxe a Hans Zimmer e John Williams.

Goza dunha viaxe musical polas bandas sonoras máis emblemáticas do cinema, desde os clásicos de John Williams ata as composicións inesquecibles de Hans Zimmer.

A Royal Film Concert Orchestra celebra cen anos de maxia cinematográfica cun programa vibrante que une emoción, aventura e nostalxia nun inicio de ano inesquecible.

A Royal Film Concert Orchestra (RFCO) é unha orquestra formada por músicos das mellores orquestras e escolas europeas. A orquestra, formada por máis de 90 profesores, pertence á Fundación Excelentia.

O repertorio destes profesionais abordan outros estilos diferentes ao xénero clásico. A orquestra ofrece concertos de bandas sonoras de cinema nos mellores escenarios de Europa.

O grupo musical conta cun gran equipo técnico e cos seus propios compositores de música de cinema. É por isto que se converteu nun referente na interpretación da música de cinema.

Programa

Piratas del Caribe
El Rey León
Star Wars
Gladiator
E.T.
Harry Potter
Interstellar
Inception
El Señor de los Anillos
Lo Que el Viento Se Llevó
Memorias de África
Parque Jurásico
Pearl Harbor
Indiana Jones
Rocky
Conan el Bárbaro
La Lista de Schindler
Olympic Fanfare & Theme
Como Entrenar a tu Dragón
La Vida es Bella

Entradas anticipadas á venda dende 38,50 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 19:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!