Presentación das I Xornadas sobre Recursos Naturais e Sostibilidade | © Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta as I Xornadas sobre Recursos Naturais e Sostibilidade ‘O Mancomún’

7 Novembro 2024

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Medio Rural, Charo Bouzón, presentaron as primeiras Xornadas sobre Recursos Naturais e Sostibilidade ‘O Mancomún’, unha cita que terá lugar os días 16 e 17 de novembro na Casa da Cultura Rexina Míguez Noval e que incluirá saída micolóxica, mesas redondas, obradoiros…

Inscrición previa aberta para todas aquelas actividades que o precisen en gabinetesoutomaior.com

A programación das I Xornadas sobre Recursos Naturais e Sostibilidade ‘O Mancomún’ é a seguinte:

SÁBADO 16

Punto de inicio no Pavillón da Montesiña ‘Alfonso Pazos’

16:00 – 18:00h. Saída micolóxica con ‘MycoGalicia Plantae’.

  • Realizarase polos montes do concello para identificar a tipoloxía de cogomelos, aprender a recolectar, coñecer uriosidades e usos e a normativa
  • Público xeral – familiar | De balde | Ata completar aforo (25 prazas)
  • Inscricións EN LIÑA ata 12 de novembro

DOMINGO 17

Casa da Cultura ‘Rexina Míguez Noval’ (Soutomaior)

11:00h. Acto oficial de presentación das Xornadas

11:15 – 12:45h. Mesa redonda ‘A xestión sostible do monte’

  • Exporanse as liñas de investigación e control da EEI. Comentaremos modelos de participación cidadá no desenvolvemento local, tomando como referencia a xestión da CMVMC de Couso que constitúe un dos exemplos máis representativos no sur de Pontevedra. Falaremos da xestión de xuntas reitoras das CCMM, da silvicultura preventiva de incendios forestais e exploraremos o concepto de Custodia do Territorio para a restauración ambiental sostible
  • Interveñen:
    • Luís González Rodríguez. Catedrático de Bioloxía Vexetal. UVIGO/CISPAC
    • Antón Araúxo. Presidente da CMVMC Couso
    • Xosé Covelo Míguez. Enxeñeiro de Montes, director da Asociación Forestal de Galicia
    • Miguel Leirós. Membro da directiva de Couto da Eirexiña

Público xeral | De balde | Ata completar aforo

11:15 – 12:45h. Obradoiro: ‘Estruturas vivas: construción de valados vexetais’

  • Construción de valados con materias vexetais coma o vimbio. Técnica ligada á cestería que permita aproveitar restos de cortas e reducir o uso de plásticos e outros materiais nas nosas hortas e veigas.
    • José Vázquez. Cesteiro e vogal de ADEGA
  • Público + 6 anos (infantil – xuvenil)
  • De balde | Ata completar aforo (20 prazas)
  • Inscricións EN LIÑA ata 12 de novembro

13:00 – 14:30h. Coloquio: ‘Autoconsumo e comunidades enerxéticas’

  • Abordaremos cuestións sobre como crear unha comunidade enerxétiva en Soutomaior a partir de investigacións no eido da transición enerxética e medio rural. Comentaremos experiencias como a da ACMVMC de Tameiga que conta cunha gran experiencia na xestión da biomasa e o reparto da leña entre as familias comuneiras. Falaremos da enerxía fotovoltaica para explorar o concepto de Comunidade Enerxética na procura dunha produción propia e dun reparto democrático entre a comunidade
  • Interveñen:
    • Xavier Simón Fernández. Catedrático de Economía Aplicada. UVIGO/ CISPA
    • Gonzalo Pérez e Bruno Dutto. Membros da CMVMC Tameiga (Mos)

Público xeral | De balde | Ata completar aforo

13:00 – 14:30h. Obradoiro ‘Arborea’

  • Creación dun caderno de árbores autóctonas e bombas de sementes
    • Gaspar Bernárdez. Enxeñeiro forestal
  • Público + 6 anos (infantil – xuvenil)
  • De balde | Ata completar aforo (20 prazas)
  • Inscricións EN LIÑA ata 12 de novembro

14:30 – 16:30h. Xantar con petiscos de tempada

  • Empanada de cogomelos, caldo galego, lacón braseado estilo á feira e pudin de castañas. Viño, auga e pan

De balde | Ata completar aforo (asistentes ás xornadas)

16:30 – 18:00h. Charla ‘Os coutos micolóxicos’ e exposición micolóxica

  • MycoGalicia Plantae é unha EBT da UVigo que exerce como asesoría forestal adicada a explotación micolóxica sustentable dos montes galegos
  • De balde | Ata completar aforo

16:30 – 18:00h. Obradoiro ‘Cultivo de cogomelos en troncos’

  • Un xeito de cultivar na casa de xeito sinxelo e sen esforzo
  • Público adulto +12 anos. De balde | Ata completar aforo (25 prazas)

16:30 – 18:00h. Obradoiro ‘Collage de cogomelos’

  • As técnicas do collage e a ilustración porán en marcha o noso cerebro máis creativo para crear pezas de arte baseadas na natureza
  • Público + 5 anos | De balde | Ata completar aforo (25 prazas)
  • Inscricións EN LIÑA ata 12 de novembro

18:00 – 19:00h. Boa práctica. Presentación ‘O Couto da Eirexiña’

  • Trátase dun proxecto de voluntariado, restauración ambiental, transformación do monte e dos paradigmas da súa xestión. Nado coa colaboración de ADEGA tras a vaga de incendios do 2017 na parroquia de Rebordelo (concello de Cotobade)
    • Jose Vázquez. Vogal de Custodia do Territorio ADEGA
  • Público xeral | De balde | Ata completar aforo

19:00 – 19:15h. Conclusións e peche

19:30 – 20:30h. Magosto e música con ‘Curtidoira’

  • Público xeral | De balde | Ata completar aforo

Está pasando!