Infermi d’amore abrirá a nova tempada da Sociedade Filarmónica de Pontevedra en substitución de Das Kolorit

16 Setembro 2024

A Sociedade Filarmónica de Pontevedra comeza a súa tempada 2024-2025 o xoves 19 de setembro, ás 20:30 horas, cun concerto no Teatro Principal de Pontevedra, a cargo do ensemble de música antiga Infermi d’amore, en sustitución de Das Kolorit, por problemas de saúde dun dos seus compoñentes.

O grupo, integrado por dous violíns, violonchelo e clave, ofrecerán un programa barroco, con música de Vivaldi, Corelli e Veracini.

VIVALDI

Sonata en Mi menor para dous violíns e baixo continuo op.1 RV67

VERACINI

Sonata en Sol menor para violín e baixo continuo op.1 n.1

VIVALDI

Sonata en Sol maior para dous violíns e baixo continuo (ad libitum) RV71

VIVALDI

Sonata en Do maior para dous violíns e baixo continuo RV60

VIVALDI

Sonata en Si bemol maior para dous violíns e baixo continuo RV76

CORELLI

Sonata en Do maior para violín e baixo continuo op.5 No. 3

VIVALDI

Sonata en Re menor para dous violíns e baixo continuo op.1 n.12 “Follia” RV63



Infermi d’Amore, fundado polo violinista Vadym Makarenko no 2019, emerxe a partir do entusiasmo e a paixón pola música antiga, creando un espazo de encontro de talentosos intérpretes de diversas culturas e traxectorias musicais.

Formados nun dos lugares máis prestixiosos no ámbito da interpretación historicista (Schola Cantorum Basiliensis), dedican a maior parte da súa actividade ao sublime repertorio do século XVII e XVIII, outorgándolles viveza e frescura a algunhas das obras máis desafiantes desta época.

Desde a súa fundación, os seus concertos chegaron a celebrarse en distinguidas salas de España e renombrados festivais de Europa, como o Auditorio de Madrid, o Espazo Turina en Sevilla, o Auditorio de Xirona, Schleswig- Holstein Musik Festival, FIAS (Festival Internacional de Arte Sacra), ou o VZLET Chamber Season de Praga, entre outros.


Os concertos da tempada 2024-2025 da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, que terán lugar no Teatro Principal e no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, son os seguintes:

XOVES 19 SETEMBRO 2024

  • INFERMI D’AMORE
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Ensemble de música antiga
  • Obras de Vivaldi, Corelli e Veracini

VENRES 11 OUTUBRO 2024

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.
  • Director: Sebastian Zinca
  • Obras de Eduardo Soutullo, Vaughan Williams e Sibelius
  • Recollida de entradas socios: Días 9 e 10 de outubro no local da Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

LUNS 14 OUTUBRO 2024

  • TRÍO FORTUNY
  • Joel Bardolet (violín), Pau Codina (violonchelo) e Marc Heredia (piano)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Obras de Beethoven, Beach e Tchaikovski

MARTES 19 NOVEMBRO 2024

  • MIYU SHINDO (piano)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Primeiro Premio do VII Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (2023)
  • Obras de Beethoven, Bach, Schumann e Liszt

LUNS 2 DECEMBRO 2024

  • ALEJANDRA DÍAZ (violoncello) – MISHA DACIC (piano)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Obras de Brahms e Rachmaninov

XOVES 16 XANEIRO 2025

  • ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.
  • Director: Markus Stenz
  • Solista: Joan Ibáñez (piccolo)
  • Obras de Farrenc, Liebermann e Schumann
  • Recollida de entradas socios: Días 14 e 15 de xaneiro no local da Sociedade Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

LUNS 27 XANEIRO 2025

  • DIANA COOPER (piano)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Primeiro Premio do VI Concurso Internacional de Piano Cidade de Vigo (2022)
  • Obras de Mozart, Chopin, Schumann e Granados

LUNS 24 FEBREIRO 2025

  • CUARTETO IBERIA (corda)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Primeiro Premio do XI Concurso Internacional de Música de Cámara Antón García Abril
  • Obras de Boccherini, Shostakovich e Revel

LUNS 17 MARZO 2025

  • COSMOS QUARTET (corda)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Primeiro Premio do Concurso “Irene Steels-Wilsing Foundation Competition 2018” de Heidelberg.
  • Obras de Britten e Brahms

LUNS 21 ABRIL

  • ORQUESTA JOVEN DE LA SINFÓNICA DE GALICIA
  • Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.
  • Director: José Luis Gómez
  • Programa por confirmar
  • Recollida de entradas socios: Días 15 e 16 de abril no local da Sociedade Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

VENRES 25 ABRIL 2025

  • REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
  • Auditorio Sede Afundación Pontevedra – 20:30 h.
  • Directora: Jessica Cottis
  • Obras de Raquel García-Tomás, Brett Dean e Beethoven
  • Recollida de entradas socios: Días 23 e 24 de abril no local da Sociedade Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

MARTES 20 MAIO 2025

  • HAMBURGER ELBPHILARMONISCHES SEXTETT (corda)
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Sono Takuda (violín), Julius Beck (violín), Gabriel Uhde (viola), Laura Escanilla (viola), Fabián Diederichs (violonchelo) e Ángel García Jermann (violonchelo)
  • Obras de Brahms

LUNS 2 XUÑO 2025

  • SOCIEDAD CORAL POLIFÓNICA DE PONTEVEDRA
  • Teatro Principal de Pontevedra – 20:30 h.
  • Directora: Nannette Sánchez Ordaz
  • Concerto homenaxe á Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra con motivo do centenario da súa fundación
  • Polifonía profana, relixiosa e cancións populares galegas armonizadas


Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web www.filarmonicapontevedra.org

Está pasando!