Inmanol Arias e María Barranco presentan a comedia ‘Mejor no decirlo’, unha obra que versa sobre as relacións de parella

12 Marzo 2026

Imanol Arias e María Barranco protagonizan a estrea da comedia ‘Mejor no decirlo’ de Salomé Lelouch, con dirección de Claudio Tolcachir e produción xeral de Pablo Kompel e Pentación Espectáculos.

«Unha comedia estimulante e dinámica. E cada un saberá se finalmente era mellor ou non dicilo»

Unha comedia sobre un matrimonio que leva moitos anos xuntos. Ela (Mercedes) e el (Imanol) teñen unha fórmula infalible: saber cando falar e cando calar. Pero que pasaría se por unha vez decidisen dicir todo, absolutamente todo?

Este espectáculo é unha reflexión divertida e irónica sobre as conversas non ditas e os segredos que cargan as relacións, facendo que todos nos vexamos reflectidos nas súas situacións e diálogos.

‘Mejor no decirlo’ combina humor, complicidade e unha mirada fresca ás dúbidas e tensións propias das parellas, invitando a reflexionar con dinamismo. Cada quen saberá se era mellor dicir ou non dicir as cousas.

A representación da obra, incluída na Tampada de Abonos de Afundación, terá lugar o xoves 16 de abril no Teatro Afundación de Vigo e ao día seguinte, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra.

Duración: 70 minutos

Idade mínima: 12 anos

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

Está pasando!