Presentación da campaña ‘O escaparate Estrela’ | Concello de Marín

Intenta acertar, sen pasarte, o prezo xusto de ‘O Escaparate Estrela’ e gaña un premio valorado en miles de euros

1 Outubro 2025

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín pon en marcha a campaña ‘O Escaparate Estrela’, a iniciativa máis ambiciosa da súa historia, co obxectivo de incentivar as compras no comercio local e premiar a fidelidade da clientela.

Do 1 ao 11 de outubro, as persoas que realicen compras nos establecementos participantes deberán acumular un mínimo de 60 € en tickets de compra e, con iso, poderán rexistrar a súa participación para intentar acertar, sen pasarse, o prezo xusto de ‘O Escaparate Estrela’, un premio valorado en miles de euros e composto por máis de 100 produtos e servizos do comercio asociado.

A campaña, que conta coa colaboración do Concello de Marín e o cofinanciamento da Xunta de Galicia, preséntase como unha oportunidade para visibilizar a diversidade e a calidade da oferta comercial da vila.

O CCA Estrela de Marín anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa:

  • Datas: do 1 ao 11 de outubro.
  • Como participar: acumular tickets de compra ata 60 € e rexistralos segundo as bases da campaña. Ademais, rexistrándose na aplicación “Comercio de Marín” gozarase dunha oportunidade a maiores para poder acertar o valor do escaparate.
  • O 11 de outubro ás 11 horas, habilitarase o formulario para poder rexistrar os tíckets de compra e intentar acertar o valor total do escaparate.
  • Premio: ‘O Escaparate Estrela’, valorado en miles de euros, que se entregará ao finalizar unha gran gala, que presentará a artista Lucía Pérez e que comezará ás 19 hrs do sábado 11 de outubro. En dita gala, Lucía interpretará o tema musical composto para esta campaña e estará acompañada por unha coreografía dirixida pola artista marinense Iria Calvar.
  • Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín. Moitas destas actividades levaranse a cabo durante a xornada do día 11 de outubro, contribuindo a crear en Marín, un escenario de ilusión.
  • Toda a información, establecementos adheridos e bases da campaña poden consultarse a través da aplicación “Comercio de Marín” ou en estrelademarin.gal

‘O Escaparate Estrela’ foi elixida pola Xunta de Galicia como a mellor campaña de dinamización comercial da provincia de Pontevedra.

SÁBADO 11 DE OUTUBRO | APERTURA ‘O ESCAPARATE ESTRELA’

11:00 h. Habilítase o formulario web para rexistrar o valor do Escaparate e lanzamento da APP ‘Comercio de Marín’

11:15 h. Música con Brassica Rapa. Alameda Rosalía de Castro. En caso de chuvia, será no Multiusos

‘MAXIA PARA BEBÉS’

11:30 h. Museo Manuel Torres LUIGI LUDUS. Recomendado de 1 a 4 anos. Inscrición previa no 679 979 292

‘ESCAPARATES MÁXICOS’. Goza da maxia visual e musical cos nosos artistas

11:30, 12:00 e 12:30 h. en BEBÉ KATY con LIUBA

11:30 – 12:00 e 12:30 h. en XANELA con GONZA MARTINI

11:30, 12:00 e 12:30 h. en CENTROVISIÓN con OLIVER

12:00, 12:30, 13:00 e 13:30 h. LORELAVAND

12:00, 12:30, 13:00 e 13:30 h. MAGO KOKO. ‘Pequeno Gran Teatro de Maxia’. En caso de chuvia, será no Museo Manuel Torres

12:30 h. Sorteo Presencial de 500€ na Praza de Abastos ’18º Campaña Aniversario’

“ALAMEDA MÁXICA”

“El baúl de la Maga”

16:00 – 19:00 h. XOGOS DE GAMING. Postos de Racing,VR e Máquina de Arcade. En caso de chuvia, será no Hall do Concello

16:00 – 19:00 h. MINIFEIRA CON 15 XOGOS TRADICIONAIS. En caso de chuvia, será no Multiusos

19:00 h. PECHE FORMULARIO para rexistrar o valor do escaparate

GRAN GALA PRESENTADA POR LUCÍA PÉREZ

En dita gala, Lucía interpretará o tema musical composto para esta campaña e estará acompañada por unha coreografía dirixida pola artista marinense Iria Calvar

19:00 h. ‘ESCENARIO ALAMEDA’ Concerto ELESKY

20:30 h. ‘GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA’. LORE LAVAND, LUIGI LUDUS, OLIVER E LIUBA, GONZA MARTINI E O MAGO TETO

21:30 h. PABLO MÉNDEZ PERFORMANCES

DESCUBRIRASE O VALOR DE ‘O ESCAPARATE ESTRELA’

Está pasando!