Iván Ferreiro convertese no terceiro artista confirmado para o Vigo en Festas 2026

10 Marzo 2026

  • Iván Ferreiro actuará no auditorio de Castrelos o sábado 15 de agosto.
  • Abel Caballero confirmou hoxe este concerto afirmando que “desde Los Piratas ata agora, Iván Ferreiro, segue sendo un xenio da música”.

O artista nigranés parará en Castrelos o sábado 15 de agosto coa súa xira “Hoy X Ayer” na que está celebrando os seus 35 anos de carreira. Esta xira é un repaso pola súa discografía, desde Los Piratas ata os seus éxitos en solitario, onde poderemos escoitar as cancións que marcaron diferentes épocas nun mesmo escenario.

Este evento fusionará a nostalxia dos seus himnos con Los Piratas, como “Años 80” ou “Promesas que no valen nada”, e a vangarda que define a súa actual etapa en solitario, con temas como “Turnedo” ou “En las trincheras de la cultura pop”.

Iván Ferreiro é o máximo expoñente do Indie-Rock en español e acumula máis de 700 mil oíntes mensuais en Spotify. A súa canción máis escoitada é “Turnedo” que supera os 58 millóns de reproducións e foi reversionada o ano pasado. Ademais, colaborou con artistas importantes do panorama nacional como Dani Fernández, Xoel López, Tanxugueiras ou Santi Balmes, o vocalista de Love of Lesbian.

O alcalde destacou que Iván Ferreiro “é un cantante extraordinario, cun grupo fantástico”. Tamén resaltou que tiña un especial interese por traer a Ivan Ferreiro a Vigo tras as miles de peticións que tivo.

Con Ivan Ferreiro o cartel de Vigo en Festas xa suma tres confirmacións, xunto a Viva Suecia (14 de agosto), Chayanne (30 de xullo).

Está pasando!