Máis aparcadoiros e un plan de acceso mellorado para celebrar a XVII edición da festa da Sementeira e Música

8 Maio 2025

A música galega, os xogos populares e as labores do campo son peza fundamental dunha festa que cada ano atrae a máis público da nosa comunidade


A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro ten todo preparado para a que será a decimosétima edición da Sementeira e Música que se celebrará o 9, 10 e 11 de maio na Área Recreativa Muíño da Ponte en Corzáns, Salvaterra de Miño.

Este ano e ante a posibilidade de chuvia en momentos puntuais da fin de semana haberá un carpa de 400 m² na zona de concertos.

Mañá venres será unha xornada inclusiva adicada ao CRA A Lagoa de Salvaterra de Miño e ás asociacións de persoas con discapacidade ADAPTA e Avelaíña, de Ponteareas.
labranza cos bois,.

O CRA A Lagoa é o Colexio Rural Agrupado, que imparte as ensinanzas de educación infantil, e que está formado por sete escolas unitarias de Salvaterra de Miño.

ADAPTA é unha asociación de persoas con discapacidade das comarcas do Condado e Paradanta e que ten como finalidade conseguir a inclusión destas persoas en todos os ámbitos da sociedade.

O sábado e domingo contarán con actividades e actuacións moi esperadas entre o público como Dakidarría, A Banda da Loba, Festicultores, Catuxa Salom, La Duendeneta ou Son das Tabernas, entre outros.

Todo nunha edición que aumenta o aparcamento cun total de catro zonas incluindo no aparcamento P1 lugares destinados a persoas con tarxeta de aparcamento de mobilidade reducida.

En canto ós accesos, a entrada será pola estrada EP-4006 á altura da parroquia de Meder e tamén pola PO-402 en Corzáns e a saídas polas paralelas da AG-51, que van cara a parroquia de Fiolledo e as rotondas de Soutolobre que enlazan coa AG-51.

Nesta edición o encargado de dar lectura ao pregón será o actor galego Luis Zahera, que poderemos escoitar o domingo ás 13:30 horas, cunha novidade importante para o colectivo de persoas xordas xa que no momento do pregón contarán unha persoa experta en Lingua de Signos.

Está pasando!