Finca de Briz | Concello de Marín

Marín cancela o ‘Samaín Briz’ deste venres, 31 de outubro, pola mala previsión meteorolóxica

27 Outubro 2025

Concello de Marín vese na obriga de cancelar ata unha nova data a celebración do ‘Samaín Briz’ deste venres, 31 de outubro.

A previsión meteorolóxica é moi mala, con moita chuvia e refachos de vento, tanto o propio 31 como os días previos, nos que debería realizarse a montaxe en todas as zonas exteriores.

Polo que, con este tempo, é imposible facer lucir todo o traballo que hai detrás e tampouco se pode desfrutar da festa con seguridade.

Buscarase outra data no mes de novembro para poder convertir a Briz nun parque do terror e non quedarnos coas ganas de celebrar un Samaín irrepetible.

Está pasando!