
Marín presenta unhas festas de Nadal “para compartir”, que terán o seu pistoletazo de saída o día 5 co acendido do alumeado
28 Novembro 2025
A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos, acompañados da ilustradora Chus Rojo, encargada da imaxe deste ano, presentaron a programación completa, que dará o seu pistoletazo de saída o día 5 co acendido do alumeado.
“Os abrazos, os paseos da man vendo o alumeado, as colas para subir ao tren e ao carrusel, os risos dos máis pequenos coas actividades, as visitas máis esperadas de Papa Noel e os Reis Magos… Todo iso é o Nadal en Marín. Un Nadal para compartir e gozar no noso municipio”.
Así presentou a alcaldesa, María Ramallo, a programación do Nadal Marín e a súa imaxe, realizada pola ilustradora Chus Rojo, quen tamén estivo presente na rolda de prensa.
Un Nadal pensado con agarimo, para gozar da compañía dos nosos seres queridos, que terá o seu pistoletazo de saída o venres, 5 de decembro, ás 18.00 horas, coa inauguración da Alameda do Nadal, o Tren e o Carrusel de Estrela de Marín, así como coa Mostra de Artesanía de Galicia.
Ás 18.30 horas, chegará o momento de acender o alumeado de Nadal, “no que estaremos acompañados pola Batucada Axé Bahía, que nunca din que non a amenizar moitos eventos ao longo de ano, que dinamizan a súa parroquia e impulsan un evento, o Axé Bahía Fest, que crece máis en cada edición”. Ao rematar, servirase a tradicional chocolatada.
A partir de entón, arranca unha programación completísima, “pensada para os nenos e as nenas, que para eles é o Nadal, pero tamén para a xente maior, que utiliza moito o tren, por exemplo, así como para o comercio e a hostalaría. Oxalá o tempo acompañe”, comentou a alcaldesa, que tamén destacou algúns clásicos do Nadal de Marín, como os concertos e actuacións.
De feito, “e adiantándome a que o preguntedes”, a alcaldesa aclarou que “aínda que nos tivera encantado chegar, non poderemos abrir o Auditorio, que está prácticamente finalizado pero estamos cos remates finais: suministros que se están instalando, a conexión eléctrica… Despois de tanto tempo e ilusión, queremos abrilo ben e con todo colocado e disposto. Así que este ano tocará despedirnos do Multiusos e de todo o bo servizo que fixo todos estes anos”.
Repetirase a aposta pola Gran Carpa de Engado Marín Infantil e Xuvenil do Parque Eguren, que abrirán o 19 de decembro, pero que xa antes ofrecerán unha actividade imperdible para a mocidade: o Marín Gaming, que arrancará xa a fin de semana da ponte, os días 6 e 7 de decembro.
As Ludoxornadas, os concertos da Banda de Música e a Unidade de Música da Escola Naval Militar, os mercadiños de Nadal, as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, a propia Cabalgata, bailes de Fin de Ano e Aninovo… son algunhas das propostas que completan unha programación que xa se pode consultar na súa integridade na web de Nadal Marín e que estará dispoñible en programiñas físicos a partir da próxima semana.
Unha ilustración coa que reivindicar un Nadal en familia
Cuns animaliños cheos de tenrura e centrados na realización das tarefas típicas deste momento do ano. Así decidiu Chus Rojo, ilustradora pontevedresa con raíces no Morrazo, configurar toda a imaxe do Nadal Marín, que se verá nas marquesinas, a cartelería, os programas, as redes sociais…
A artista quixo “plasmar un Nadal en familia, cos teus, cos amigos, familiares… Unha idea que se afaste un pouco do consumismo e que se centre máis na compañía e no coidado”. Chus agradeceu ao Concello “a oportunidade de facer un cartel para unhas festas tan bonitas”.

A programación do Nadal Marín 2025 é a seguinte:
VENRES, 5 DE DECEMBRO
- 18:00h. Inauguración do Nadal na Alameda:
- ALAMEDA DO NADAL
- TREN DE NADAL:
- Do 5 ao 8, do 12 ao 14 e do 19 de decembro ao 04 de xaneiro
- Horario: 11.45-13.30 e 17.15 a 21h
- CARRUSEL DE NADAL, organiza Estrela de Marín (Ata 7 de xaneiro).
- Mostra de ARTESANÍA DE GALICIA (Ata 15 de decembro).
- 18:30h. Acendido do ALUMEADO DE NADAL da man da Batucada Axé Bahía. A continuación chocolatada popular. Alameda.
SÁBADO, 6 DE DECEMBRO
- 12:00-21:00h. V MARÍN GAMING. Carpa do Parque Eguren.
- 19:00h. CONCERTO SOLIDARIO en favor do CEDDD Galicia, co Cuarteto Jaime Vilas, Grupo Loureiro Verde e Lirolúa. Organiza: O Priorato de Apolo. Biblioteca.
VENRES, 5 DE DECEMBRO
- 12-20h. V MARÍN GAMING. Carpa do Parque Eguren.
- 18:00h. Pasarrúas de Nadal BANDA DE MÚSICA DE MARÍN.
MARTES, 9 DE DECEMBRO
- Comezo das RUTAS DO TREN DE NADAL nos centros escolares de infantil e primaria de Marín.
VENRES, 12 DE DECEMBRO
- 17:00-21:00h. LUDOXORNADAS: Xogos de mesa. Museo Torres.
- 19:00h. Concerto de Nadal da UNIDADE DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR. Multiusos.
SÁBADO, 13 DE DECEMBRO
- 17:00-21:00h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín. Carpa do Parque Eguren.
- 18:00h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Parque Eguren.
DOMINGO, 14 DE DECEMBRO
- 17:00-21:00h. LUDOXORNADAS: Xogos de mesa. Museo Torres.
MARTES, 16 DE DECEMBRO
- 18:00h. Inauguración FEIRA NADAL MARÍN. Alameda (Ata o 5 de xaneiro).
VENRES, 19 DE DECEMBRO
- 17:30h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN INFANTIL e XUVENIL. Parque Eguren (Ata o 06 de xaneiro). Horario:
- ZONA INFANTIL: de 11:30 a 13:30h e de 17:00 a 21:00h
- ZONA XUVENIL: de 12:00 a 14:00h e de 18:00 a 22:00h
- 18:00h. Festival de Nadal da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. Biblioteca.
- 19:00h. Entrega de premios do CONCURSO DE CONTOS E POSTAIS DE NADAL. Organiza: Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
SÁBADO, 20 DE DECEMBRO
- 17:00h. V GALA BENÉFICA “Haz Realidad su ilusión” de Botondeancla. Auditorio/Salón de Actos Pavillón Illa de Tambo.
- 17:00h. Actividade de DINAMIZACIÓN COMERCIAL co espectáculo “ROMERÍA”, a cargo de Raquel Queizás. Organiza: Asoc. de Comerciantes C.C. Morrazo e Concello de Marín. Centro Comercial Morrazo.
DOMINGO, 21 DE DECEMBRO
- 12:00h. PAPANOELADA MOTEIRA. Percorrido: saída da Praza de España, Vial de praias, Seixo, Castro, José del Río, Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Lameira,… finalizando na Alameda. Organiza: Galicia Solidarios.
LUNS, 22 DE DECEMBRO
- 17:30h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Prazas de Marín.
MARTES, 23 DE DECEMBRO
- 19:00h. Actuación de maxia “Imposibles ou improbables”, do MAGO JORGE LORENZO. Organiza: Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
MÉRCORES, 24 DE DECEMBRO
- 11:00h. Pasarrúas CANTAREIRAS E GAITEIRO MODERNO. Praza de Abastos.
- 17:00h. Visita de PAPÁ NOEL ás rúas de Seixo e á Praza de Abastos da parroquia. Organiza: ACEMAS e Concello de Marín.
- 17:30-20:00h. Recepción de PAPÁ NOEL con animación musical e obradoiros. Alameda.
VENRES, 26 DE DECEMBRO
- 12:00h. Títeres e contacontos con TARABELOS, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo.
SÁBADO, 27 DE DECEMBRO
- 19:00h. TEATRO VERBAS, organiza Asociación Kalos. Multiusos.
- 20:30h. Concerto de Nadal das CORAIS Thalassa, Centro Sociocomunitario e Lembranzas de Marín. Igrexa Santa María do Porto.
DOMINGO, 28 DE DECEMBRO
- 13:00h. Panxoliñas a cargo de MÁIS CANTOS. Rúas de Marín.
- 19:00h. Concerto de Nadal da CORAL EVANXÉLICA DE MARÍN, organiza Asociación Kalos. Multiusos.
LUNS, 29 DE DECEMBRO
- 12:00h. Maxia e diversión con POPÍN PALOMERO, organiza ACEMAS. Casa Cultura de Seixo.
- 12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
MARTES, 30 DE DECEMBRO
- 12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
- 17:00h. Simultáneas e partidas relámpago do CLUB XADREZ MARÍN. Para todas as idades. Carpa do Parque Eguren.
MÉRCORES, 31 DE DECEMBRO
- 11:45h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal. Alameda.
- 01:00h. BAILE DE FIN DE ANO, coa Orquesta Galia e Dj Peque. Organiza: Botondeancla e Concello de Marín. Multiusos.
XOVES, 1 DE XANEIRO
- 19:00h. BAILE DE ANINOVO, co Grupo BLPop e Dj Peque. Organiza: Botondeancla e Concello de Marín. Multiusos.
VENRES, 2 DE XANEIRO
- 12:30h. Obradoiro de MANUALIDADES. Organiza Ateneo Santa Cecilia. Local do Ateneo.
SÁBADO, 3 DE XANEIRO
- 11:00h. RANCHO DE REIS coa Asociación Pousos da Area polas rúas de Marín.
- 17:30h. CINE DE NADAL, entrada libre ata completar aforo. Organiza: ACEMAS.
- 18:00h. Pasarrúas da Rondalla NOSA MERCED DE CHAÍN (Gondomar).
LUNS, 5 DE XANEIRO
- 18:00h. Saúda das SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE desde o balcón do Concello.
- 18:30h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual, acompañada por Charanga Noroeste, Charanga Jalácticos, Charanga Amigos Dos Rapaces, Batucada Axé Bahía, Batucada Maracumbé e Batucada Rebumbio.
- Ao rematar, BELÉN VIVINTE, organizado pola Asoc. Os da Caña e o Concello de Marín. Igrexa de Santa María do Porto.
- 20:00h. SORTEO entre as compras realizadas na FEIRA NADAL MARÍN. Alameda.
Este programa poderá experimentar modificacións por causas meteorolóxicas.


