Meirás. Un pazo para el caudillo

Prólogo de Manuel Rivas

Autores: Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi

Editorial: Edicións do Cumio

Idioma: Galego, castelán

Número de páxinas: 280

Materia: Historia de España

No verán de 1975, un xornal lembraba como chegara o Pazo de Meirás a mans de Franco, como «obsequio polo pobo coruñés, a través dunha masiva subscrición popular, en xesto de recoñecemento e gratitude ao capitán supremo das vitoriosas tropas nacionais».

A Emilia Pardo Bazán nin a mencionaban. Que unha muller nobre, culta e libre habitara o Pazo antes que o caudillo era un relato demasiado arriscado para a prensa. As expropiacións aos veciños, as torturas e os asasinatos eran un produto de ciencia ficción que ningún xornalista podía publicar e que, por suposto, o público non podía ler para ‘garantir a paz que o réxime conseguira despois de tantos esforzos’.

Quen, dunha forma ou outra, padeceran cada unha das estancias de Franco en Meirás, sabían que naquelas letras de molde encerrábase un relato construído polo réxime. Un mito. Pero non podían dicilo. Só calar. Só o silencio.

Iso é Meirás. Unha historia chea de silencios, deses silencios daniños que tapan unha realidade que pretende enterrarse nalgún lugar descoñecido coma se nunca existise. Pero iso xa é imposible, por moi ben atado que o deixaran todo.

E é imposible porque a historia de Meirás é a nosa historia. Son as nosas historias e, por moitos intentos de acalalas, son miles de memorias as que hoxe se atreven a dicir as palabras que durante moito tempo tiveron prohibidas.

‘Meirás. Un pazo para o caudillo’ é, ante todo, un altofalante necesario dunha vitoria dos que nunca quixeron esquecer en tempos onde a amnesia era necesaria para sobrevivir. Son as pingas de cor que desdibujan, agora, unha historia oficial escrita en branco e negro, onde os grises impedían ata a primavera.

Escrito por Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, e publicado pola galega Cumio Editora, o libro é auténtico xarope democrático para a nosa sociedade e un merecido recoñecemento á loita do pobo de Sada por recuperar unha memoria secuestrada.

O prólogo, obra dun orgulloso Manuel Rivas que asina ‘coa alegría da conciencia, desde un pazo liberado’, é o canto á dignidade e á xustiza dos que foron torturados, dos presos e dos que xa non están connosco. Por eles cantan as súas familias, porque nunca é tarde se a dicha é boa. E o é.

Está pasando!