O Ateneo Santa Cecilia acolle a presentación de ‘Abonda con vivir’, a biografía da poetisa Luísa Villalta escrita por Montse Dopico

24 Abril 2024

Este venres, 26 de abril, Montse Dopico falará no Ateneo Santa Cecilia de Marín sobre a vida e obra de Luísa Villalta recollida nun libro ‘Abonda con Vivir’. Escrito a xeito de biografía con retallos da memoria que foron aportando persoas que formaron parte da súa vida afectiva.

Montse Dopico como xornalista e como docente ofrécenos unha análise literaria, sociolóxica e histórica que nos permite coñecer todas as mulleres que foi Luísa Villalta. Un diálogo con forma de reportaxe na que vai explicando quen era Luísa e porque escribiu o que escribiu.



Podemos descubrir a Luisa feminista, a súa preocupación pola igualdade de xénero, polos problemas sociais, pola literatura ou as artes como a música, pero sobre de todo, pola cultura con un gran compromiso polo idioma galego.

Desde as páxinas de este libro coñeceremos a autora e as razóns polas que a Real Academia Galega decidiu adicarlle este 17 de Maio, o Día das Letras Galegas.

Está pasando!