O Centro Sur de Pontevedra acolle a 5ª Mostra de Teatro da Asociación Veciñal e Cultural Salcedo Norte

13 Outubro 2025

Asociación Veciñal e Cultural Salcedo Norte organiza a 5ª Mostra de Teatro, que se celebrará os días 17, 18 e 19 de outubro, no centro social Centro Sur de Pontevedra, situado na Rúa Josefa Vázquez Juncal ‘Señora Pepa’.

Este evento cultural tenta achegar aos veciños e veciñas distintas obras de teatro afeccionado e profesional.

  • Venres 17 de outubro, ás 19:00 horas. ‘Todos temos a mesma historia’, de La Griotte (compañía profesional convidada).
  • Sábado 18 de outubro, ás 20:30 horas. ‘Enmascaradas’, de Teatro Salcedo Norte.
  • Domingo 19 de outubro, ás 19:00 horas. ‘Amor, diñeiro, saúde’, Grupo de Teatro A Cividade.

A entrada a todas as funcións será gratuíta ata completar cabida.

Organizado pola A.V.C. Salcedo Norte, conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.

Está pasando!