O Cineclub Bueu continúa celebrando os seus 25 anos coa proxección de ‘Melancolía’

26 Xaneiro 2024

O Cineclub Bueu celebra o seu 25º aniversario e por iso proxectará entre xaneiro e febreiro catro filmes escollidos por membros históricos da directiva. Todos os filmes se poderán ver de balde no Centro Social do Mar.

O venres 26 de xaneiro, ás 21.00 horas, será a quenda de ‘Melancolía’, un filme de Lars Von Trier (2011), que forma parte da selección de Xoán Pastoriza.

SINOPSE:

Justine e o seu prometido Michael celebran a voda cunha suntuosa festa na casa da rúa irmá e o seu cuñado. Mentras tanto, o planeta Melancolía diríxese cara a Terra…



25º ANIVERSARIO DO CINECLUB BUEU

O ciclo comeza o 19 de xaneiro con ‘Contos de Toquio’ (Yasujirō Ozu, 1953), título escollido por Francisco Freire Jalda e Xabier Framil, dous dos fundadores do Cineclub Bueu en 1999. O día 26 programarase ‘Melancolía’ (Lars Von Trier, 2011), película elixida por Xoán Pastoriza, mentres que o tamén ex presidente Manuel Pena optou por ‘Eyes wide shut’ (Stanley Kubrick, 1999) para o 2 de febreiro. As sesións vinculadas a este cuarto de século pecharanse o día 9 do vindeiro mes con ‘Le Havre’, escolla de Alba Sotelo, única presidenta que tivo a asociación.

Cada venres abrirase ademais a posibilidade de asociarse ao Cineclub Bueu por unha tarifa de 15 euros anuais o primeiro membro da familia e 6 euros os seguintes, de xeito que ata decembro poderán acceder ás proxeccións a metade de prezo (2 euros no canto de 4 euros). Ademais, as persoas socias recibiran unha chapa conmemorativa destes 25 anos de andaina, co logotipo creado para a ocasión polo deseñador Iago Comedeiro. Do mesmo xeito, a asociación está aberta a todas as veciñas e veciños que queiran colaborar na organización das actividades.


Está pasando!