O cómico asturiano Joaquín Pajarón presentará en Pontevedra o seu novo espectáculo ‘Filososidra’

10 Marzo 2026

O sábado 14 de marzo, ás 20:30 horas, o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra acollerá o espectáculo ‘Filososidra’, do cómico asturiano Joaquín Pajarón.

‘Filososidra’ é un monólogo onde a vida cotiá se examina baixo unha lupa… pero asturiana, nunha sidrería, cun pequeno vaso de sidra na man.

Son as reflexións dun lugareño na barra, ese lugar onde todo se discute, se analiza e se resolve con humor, sidra e un toque de “repunancia”, unha palabra asturiana esencial para entender o mundo.

Aquí, Joaquín Pajarón fai o que mellor sabe facer: darlle voltas á vida, ao cotián e ao que nos acontece a todos, transformándoo en pura risa e camaradería. Filosofía de barrio, sabedoría de sidrería e humor caseiro.

Todo isto cunha única misión… pasalo ben, rir e desconectar un anaquiño, que é o esencial.

Entradas anticipadas á venda dende 18,70 euros en Ataquilla.com

Está pasando!