O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello organiza o evento gastronómico ‘Mostra de Petiscos de Mondariz Balneario’

25 Xaneiro 2024

O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do concello, acordaron levar a cabo unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico da zona e da marca Mondariz-Balneario mediante a elaboración dunha ruta gastronómica de degustación de petiscos, que se levará a cabo os días 2, 3 e 4 de febreiro, coa participación de Simoneta and Co con ‘Brioche con tartar de langostinos e emulsión das súas cabezas’, Yago’s con ‘Voltereta de cogumelos’, Atalaya con ‘Petisco de tenreira asada galega’, Boas Migas con ‘Bocado de costilla de vaca sobre brioche’, Mixturas con ‘Crocante de lacón sobre crema de grelos’ e Regato de Valdecide con ‘Niguiri frito de fazulas de vaca’.

O horario será de 20:00 a 21:30 horas o venres día 2, de 12:00 a 13:30 horas y de 20:00 a 21:30 horas o sábado 3 e de 12:00 a 13:30 horas o domingo día 4 de febrero.

Debido á realización de diversas actividades culturais e gastronómicas na comarca, o concello de Mondariz-Balneario decidiu sumarse a estas iniciativas propoñendo coma iniciativa unha ruta de petiscos para reactivar a actividade economizadora no concello en tempada baixa.



O prezo do petisco será de 2 euros e 4,50 euros para petisco máis viño. Os viños empregados para esta oferta, son de Adegas Galegas, patrocinador do evento.

Entregarase nos establecementos un pequeno pasaporte ou cartilla. As cartillas de participación usaranse para obter selos nos establecementos participantes na ruta gastronómica.

Dependendo do número de selos obtidos poderán acceder a distintos sorteos. A información dos premios explicarase na cartilla. O sorteo celebrarase un día laboral na seguinte semana a realización da mostra.

Está pasando!