‘Artefacto flotante’ participante no ‘Flota como poidas’ | Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán abre o prazo para inscribirse no ‘Flota como poidas’ do domingo 24 de agosto

30 Xullo 2025

  • Os interesados deben anotarse nun formulario web en www.nigran.es ata o venres 22 de agosto ás 12:00 horas
  • Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e agasallos sorpresa

O Concello de Nigrán abre ata o venres 22 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada ‘Flota como poidas’, que terá lugar o domingo 24 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

Os interesados deberán anotarse no formulario web do Concello en www.nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 17.00 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa.

O Concello recorda que é obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. Coma sempre, premiarase o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e o clásico galardón “Titanic” para o primeiro que afunda.

Está pasando!