Museo da Ciencia do Viño | © Concello de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño

14 Maio 2025

O domingo 18 de maio todas aquelas persoas que queiran visitar o museo poderán facelo de forma gratuíta previa inscrición.


O vindeiro domingo 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e con motivo de tal efeméride o Concello de Salvaterra de Miño organiza unha xornada de portas abertas para descubrir o Museo da Ciencia do Viño, ubicado no recinto amurallado.

De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán este espazo de características únicas en España, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía altamente interactivo, didáctico e idóneo para o desfrute de toda a familia.

O horario de visita será de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é preciso porse en contacto co museo a través do seguinte formulario.

Está pasando!