O Concello de Sanxenxo repartirá 4.000 euros no III Concurso de Iluminación ‘Deslumbra co teu Nadal’ 

20 Novembro 2025

Concello de Sanxenxo convoca o III Concurso de Iluminación ‘Deslumbra co teu Nadal’ no que se repartirán 4.000 euros en premios. 

A actividade organizada desde o departamento de Cultura en colaboración con Entretendas CCU contará con tres categorías:

  • A: Establecementos comerciais
  • B: Vivendas
  • C: Rúas, barrios, prazas ou zonas do vecindario

Mantéñense os tres premios para establecementos comerciais de 1.000, 750 e 500 euros, así como para os de decoración exterior de vivendas con 500, 300 e 200 euros e un prémio único de 750 euros para rúas, barrios, prazas ou veciñanza.

O prazo de inscrición será dende o 24 de novembro ata o 9 de decembro de 2025.

Darase a coñecer o fallo inapelable do xurado e farase a entrega de premios o 6 de xaneiro durante o Concerto de Reis da Banda de Música de Sanxenxo no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

Máis información e bases en sanxenxo.es

Está pasando!