Manu Lourenzo e Rosana Comesaña presentando a campaña ‘Vivir o Nadal en Soutomaior’ | Concello de Soutomaior

Soutomaior comezará a ‘Vivir o Nadal’ o 5 de decembro cunha ampla programación deseñada para o desfrute de toda a veciñanza

27 Novembro 2025

Soutomaior inicia o Nadal cunha ampla programación de actividades que se irán desenvolvendo desde o 5 de decembro ata o 10 de xaneiro entre as que se atopa a visita do Apalpador, de Papá Noel, a celebración da San Silvestre, unha gran Festa de Fin de Ano, a Carteira Real e a recepción e Cabalgata de Reis.


O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña presentaron hoxe o Nadal de Soutomaior que se desenvolverá dende o 5 de decembro. Un Nadal que terá como núcleo de centralidade a Alameda de Talo Río, onde se instalará unha carpa de Nadal que este ano contará con moitas melloras de confortabilidade.

O Nadal comezará o día 5 de decembro cunha charla coloquio, e o 6 de decembro terá lugar un dos actos máis agardados, o acendido das Luces que, este ano, contarán coa colaboración da Asociación Bicos de Papel e con moitas actividades entre as que se atopa o un espectáculo de rúa de Troula, o espectáculo musical Orquestra de camarote Band e o Mercado de Nadal das Anpas e moitos obradoiros.

Un Nadal onde haberá grandes citas e onde, un ano máis, o concello ten organizado unha gran Festa de Fin de Ano co Trío Tic Toc e Yaya DJ e a fermosa cabalgata de Reis na tarde do 5 de xaneiro. Un Nadal para o desfrute de todas as persoas.

O lema deste ano da campaña é, un ano máis, ‘Vivir o Nadal en Soutomaoir’ porque Soutomaior quere vivir: o comercio local, coas campañas de promoción e dinamización económica: ‘Nadal no peto’, para incentivar o gasto no comercio e hostalería local destinando 1.500 euros repartidos en quince premios de 100 euros que se sortearán entre as persoas que realicen unha ou varias compras por valor mínimo de 20 euros nun establecemento comercial ou hostaleiro do Concello de Soutomaior (compras desde o 5 de decembro de 2025 ata o 7 de xaneiro de 2026, ambos incluídos); ‘Adobiar o local’ para que as rúas lozan bonitas e crear ambientes navideños apoiados co alumeado especial de Nadal; ‘Colabora coa San Silvestre’, para que as empresas locais se impliquen en eventos como a San Silvestre.

Soutomaior quere vivir a economía circular e a solidariedade, co II Mercado de Oportunidades e de segunda Man porque son moitos os obxectos que poden ter unha segunda vida e así reutilizar, renovar ou reciclar para así incidir no respecto e coidado polo medio ambiente á vez que fomentamos actitudes solidarias onde compartir o que xa non usamos ou non queremos.

Soutomaior quere vivir o deporte, reforzando os vínculos sociais a través das actividades físicas para todos os públicos como na carreira San Silvestre que se desenvolverá o sábado 27 de decembro. Inscricións abertas do 10 ao 21 de decembro.

Soutomaior quere vivir a mestizaxe das tradicións e a interculturalidade, achegando un programa no que están presentes figuras como a do Apalpador, Grinch, Papá Noel, a Carteira Real e a celebración da tradicional Cabalgata de Reis.

Soutomaior quere vivir o tecido asociativo, impulsando a participación veciñal a través do Concurso de Doces de Nadal, que conta coa colaboración das asociacións do concello.

Soutomaior quere vivir a cultura, cunha programación para todas as idades onde disfrutar de espectáculos musicais, teatrais, concertos, obradoiros e unha morea de propostas de lecer para a mocidade, a terceira idade e as persoas de todas as idades.

Soutomaior quere vivir as relacións interxeneracionais, implicando aos centros educativos e aos centros de maiores nas que os nenos e nenas agasallan aos maiores e gozan e comparten dun espectáculo xuntos e xuntas.

Soutomaior quere vivir a diversidade funcional, con actividades adaptadas e visibilizando as múltiples capacidades das persoas para isto celebrará o I Encontro Inclusivo o día 13 de decembro con expositores informativos de Celta Integra, Amicos, Asdivalu, Contaz e Andaina, e con actividades inclusivas.

Soutomaior quere vivir as persoas maiores, co seu Baile de Maiores de 65 anos, que volve un ano máis co fin de que a xente maior poida despedir o ano nun Baile de Nadal no que non faltarán o cotillón e a chocolatada.

Soutomaior quere vivir a conciliación, cos Campamentos Concilia que se desenvolverán do 22 ao 31 de decembro no Centro de Benestar Integrado, inscricións en liña ata o 2 de decembro ás 14:00 horas.

Un programa que contará con sesións vermú, tardeo musical con actuación de Algo pasa con Mery, Demasiadas Luces y Pocas Sombras ou Desconcerto ou co espectáculo de Peter Punk ‘Nadal chungo que te cagas’.

Un Nadal para vivir todas e todos en Soutomaior, un Nadal para o desfrute de toda a veciñanza.

Está pasando!