O festival de cine gastronómico volve mañá ao Mercado de Abastos de Pontevedra con ‘Amor a la carta’

9 Febreiro 2026

O Mercado de Abastos de Pontevedra acolle a proxección do filme ‘Amor a la carta’ (Ritesh Batra, India, 2013, 104′), dentro do ciclo de cine gastronómico organizado polo Concello de Pontevedra.

Será o martes 10 de febreiro, ás 18:30 horas, enmarcado no proxecto Pontevedra Capital Gastro, unha iniciativa financiada polos fondos NextGenerationEU a través do Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), que busca converter o Mercado no “epicentro da cultura gastronómica” da cidade e nun punto de referencia tanto para a veciñanza como para os visitantes.

Tras a proxección, celebrarase un coloquio aberto coa participación de Alberto López de Restaurante Román e Sergio García de Icewolf.

Unha charla sobre os equipos de cociña acompañada dunha degustación para os 50 primeiros asistentes en chegar á proxección.

SINOPSE

En Mumbai, cada día, miles de amas de casa envían a comida aos seus maridos ao seu lugar de traballo a través dun eficiente e específico sistema de transporte. Un erro nunha destas entregas pon en contacto a unha moza cun home anodino.

Xuntos van construíndo un mundo de fantasía a través de notas que acompañan á comida, o que supón unha ameaza para a vida real de cada un.

Esta película fala da diferenza entre a vida que soñamos e a que vivimos, e da coraxe que fai falta para converter en realidade as nosas fantasías.

Está pasando!