O Fexturrón celebra mañá unha xornada de inclusión e portas abertas destinada ás persoas con discapacidade

10 Decembro 2025

  • Co obxectivo de facer chegar o divertimento a todas as persoas independentemente das súas condicións, o parque de atraccións do Nadal recibe aos usuarios do Centro de Educación Especial de Marxión, de BATA, Con Eles, Amencer-Princesa Letizia e Saiar.
  • Tamén asistirán usuarios dun centro de Pontevedra e dunha asociación de Noia.

O Recinto Feiral de Fexdega de Vilagarcía de Arousa abrirá as súas portas o xoves 11 de decembro, de 11 da mañá ás 14 horas, especificamente para estes colectivos, coa finalidade dunha maior comodidade e goce das atraccións por parte dos seus usuarios que, na maior parte dos casos, precisan apoio.

O persoal do Fexturrón dará soporte técnico e prestará a axuda necesaria aos monitores para garantir que todos os asistentes poidan desfrutar das atraccións.

De feito, permitirase o acceso en cadeira de rodas á pista de xeo e deixarase neve para que as persoas que non estean en condicións de patinar poidan igualmente experimentar sensorialmente o frío e o contacto coa neve.

Está pasando!