O parque da Canuda acolle este domingo a Copa e Campinato Galego Xunta de Galicia de Marcha Nórdica

5 Setembro 2025

Este domingo 7 de setembro, Salvaterra de Miño converterase no punto de encontro de Galicia para a celebración das máximas competicións da III Proba e Final Copa e Campionato Xunta de Galicia 2025 de Marcha Nórdica Salvaterra de Miño.

Este deporte que se está convertendo nun hábito de vida saudable, chegou a Salvaterra da man do Club de Montaña Airiños en época de pandemia e chegou para quedar, ‘Salvaterra en Marcha’ ese foi o slogan daquel día.

Pasaron case catro anos e desde entón xa son moitas as persoas de Salvaterra de Miño e doutros concellos veciños os que se chegan ao parque da Canuda para practicar este deporte.

Máis información e regulamento en sportmaniacs.com

Está pasando!