O Pazo de Nadal de Sanxenxo contará cunha programación diaria con música, baile, contacontos e xogos

1 Decembro 2025

Baixo unha carpa de máis de 2.000 metros cadrados, convertida no Pazo de Nadal, Sanxenxo gozará dun Nadal diferente e cunha ampla programación pensada para o goce en familia.

Ao mercadiño de Nadal, as pistas de xeo e americana, súmase unha ampla programación con máis de vinte actividades diferentes. Música, baile, contacontos, espectáculos e xogos enriquecerán a oferta do Pazo de Nadal desde a súa inauguración o próximo 5 de decembro.

Coincidindo co acendido do alumeado de Nadal con 345 motivos repartidos por 84 espazos públicos distintos, Os Bolechas e Javi Solla tomarán a Praza dos Barcos. Ás 21 horas, subirán ao escenario do Pazo de Nadal as Broken Peach.

O sábado 6 de decembro, de 13 a 14 horas, @deviño levará á carpa os Cantos de Taberna; de 17 a 20 horas, os máis pequenos poderán gozar de xogos de Nadal e ás 19:30 horas, Uxía Lambona e a Banda Molona.

O domingo 7 de decembro, de 17 a 20 horas, xogos de Nadal e ás 19:30 horas, o Mago Teto.

O luns 8 de decembro, de 17 a 20 horas, xogos de Nadal e ás 21 horas, Family Folks.

O venres 12 de decembro, de 17 a 21 horas, Encontro coa Cultura Urbana.

O sábado 13, de 17 a 20 horas, Xogos de Nadal, e ás 21 horas, Blue Monk.

O domingo 14, ás 13 horas, Obradoiro de Cociña. Receitas de Nadal de Toñi de Vicente. De 17 a 20 horas, xogos de Nadal coa participación do Trasno de Nadal.

O venres 19 de decembro, o mundo youtuber toma o Pazo de Nadal con música e videoxogos a partir das 21 horas.

O sábado 20 de decembro, de 17 a 20 horas, xogos de Nadal; ás 18 horas, obra de teatro infantil, e ás 21 horas, Os fabulosos Weekend.

O 21 de decembro, Encontro Sanxenxo K-POP, de 11 a 14 horas, e xogos de Nadal de 17 a 20 horas.

O luns 22 de decembro, de 17 a 20 horas, haberá xogos de Nadal para os máis pequenos.

O martes 23, de 12 a 13:30 horas, o Pazo de Nadal recibirá a visita do Grinch; de 17 a 20 horas continuarase cos xogos de Nadal e, a partir das 19:30 horas, Gramola Gominola.

O mércores 24 de decembro, de 17:30 a 22 horas, Papá Noel recibirá aos nenos e nenas de Sanxenxo aos que poderán entregar as súas cartas e fotografarse con el.

O xoves 25 de decembro, poderá gozarse de actividades como a pista de xeo e americana, así como da zona de restauración.

O venres 26 de decembro, ás 17 horas será a final do Encontro K-POP e ás 21 horas haberá un concerto de Teo Cardalda.

O sábado 27, de 17 a 20 horas, xogos de Nadal, e ás 20 horas, ‘Isto é rock’ con Carolina Rubirosa e Javier Becerra.

O domingo 28 de decembro, de 17 a 20 horas, xogos de Nadal e ás 19 horas, panxoliñas con Maravallada.

O luns 29, ás 17 horas, o Apalpador visitará o Pazo e ás 21 horas, Cantos de Taberna con @deviño.

O martes 30 de decembro, ás 21 horas, actuación musical do Trío Somoza.

O mércores 31 de decembro e o xoves 1 de xaneiro mantense durante todo o día a actividade na carpa.

O venres 2 de xaneiro, ás 21 horas, A Movida.

O sábado 3, ás 17:45 horas, A bailar no Nadal, espectáculo interactivo para a infancia, e ás 21 horas, Mambas Negras.

O domingo 4 de xaneiro, ás 17 horas, ‘Ciencia que alimenta’ con Roto e Descosida e ás 19:30 horas, Pakolas.

O luns 5 de xaneiro, de 12:30 a 13:30 horas, Danza de Reis; de 16 a 18 horas, Recepción Real; ás 18 horas saída da Cabalgata de Reis cara a Portonovo onde culminará a comitiva cun Belén Vivente.

Está pasando!