O venres 26 de novembro o Centro Cultural Xaime Illa acollerá a proxección do filme ‘A illa das mentiras’

14 Outubro 2021

O venres 26 de novembro, dentro do programa ‘Anota! Cultura’, o Centro Cultural Xaime Illa acollerá a proxección do filme ‘A illa das mentiras’, inspirada no naufraxio do Santa Isabel nas inmediacións da Illa de Sálvora a principios do século XX.

Previamente, ás 20.30 horas, haberá unha charla-coloquio, dirixida polo periodista Tino Viéitez (responsable dunha exposición itinerante que lembra a historia do naufraxio e das veciñas de Sálvora que salvaron a parte da tripulación) e que contará coa participación da directora da película, Paula Cons. Para asistir a este evento será necesario reservar previamente, cun máximo de dúas entradas por persoa, a través do correo electrónico anotaculturapoio@gmail.com.

‘A illa das mentiras’

A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino Buenos Aires e 260 persoas a bordo, afúndese fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa, tres novos insulares, María ( Nerea Barros), Josefa (Vitoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro.

Tras estes feitos, un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pero aos poucos comproba que esa noite sucederon demasiadas terribles “casualidades” na illa. Son moitas as incógnitas que hai que resolver.

As sesión de ‘Risadas Contadas’, con representacións teatrais en chave humorística e monólogos serán os venres ás 21.00 horas e precisarán de reserva previa  a través do correo electrónico anotaculturapoio@gmail.com.

Este evento forma parte do programa ‘Anota! Cultura’, unha iniciativa da Concellaría de Cultura de Poio que ofrecerá á veciñanza monólogos, proxeccións, espectáculos humorísticos ou representacións teatrais, entre outras actividades.


Está pasando!