Ruth Reinhardt | Sociedad Filarmónica de Pontevedra

O venres 7 de novembro, baixo a dirección de Ruth Reinhardt, a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá en Pontevedra un concerto no que interpretarán pezas de Nuria Giménez-Comas, Hubert Parry, Glanert e Brahms

6 Novembro 2025

O venres 7 de novembro, ás 20:30 horas, baixo a dirección de Ruth Reinhardt, a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un concerto no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra no que interpretarán pezas de Nuria Giménez-Comas, Hubert Parry, Glanert e Brahms.

NÚRIA GIMÉNEZ-COMAS

Cometa (obra de encargo)Estrea absoluta

ELEXÍA PARA BRAHMS

I

HUBERT PARRY (1848-1918)

Elexía para Brahms, en La menor

Maestoso espressivo-Largamente-Tempo primo

DETLEV GLANERT (n 1960)

Idyllium (2019)

II

JOHANNES BRAHMS (1833-1897)

Serenata núm. 2 en La maior, Op. 16

Allegro moderato

Scherzo-Vivace

Adagio non troppo

Quasi menuetto

Rondó-Allegro

Real Filharmonía de Galicia | © RFG

Real Filharmonía de Galicia nace como un ambicioso proxecto cultural en Santiago de Compostela en 1996. Formada por 50 músicos, e un equipo administrativo de seis persoas, ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o director titular e artístico da formación e Sebastian Zinca o seu director asistente.

Con anterioridade, os seus directores principais foron Helmuth Rilling (1996–2001), Antoni Ros Marbà (2001–2013) e Paul Daniel (2013–2023).

Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.

O evento está organizado pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra e Afundación.

Recollida de entradas socios: Días 5 e 6 de novembro no local da Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo – Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 h., ou o mesmo día do concerto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 h.

Entradas anticipadas á venda (non socios) desde 14,60 euros en Ataquilla.com

Está pasando!