Pontesán porá o foco na información e desinformación sobre saúde e benestar

24 Setembro 2025

  • Angel Carracedo, director da Fundación Galega de Medicina Xenómica, abrirá os oratorios co tema “Xenética dos trastornos psiquiátricos”, rematada a inauguración
  • Pontesan suma á nómina de relatores tres influencers: @tonifero, @nuskachousa e @medicilio, que tamén entrarán en directo para dar a coñecer o evento aos seus seguidores
  • Organizada pola Concellería de Benestar Social e CEDDD-Galicia contará cun amplo abano de propostas lúdicas, relatorios e debates e servirá de altofalante do sistema público de saúde

Achégase Pontesan, a Feira da Saúde e o Benestar de Pontevedra, recoñecida como o evento socio-sanitario máis importante de Galicia. Celebrarase os días 26 e 27 de setembro e conxugará, unha vez máis, a parte expositiva e informativa cun amplo programa de actividades lúdicas, conversacións e talleres formativos.

Medio centenar de asociacións socio-sanitarias, colexios profesionais e clubs deportivos farán posible un evento que lidera o Concello de Pontevedra e no que colabora a Consellería de Sanidade, a través do Sergas e o Regaps.

O experto internacional en xenética e director da Fundación Galega de Medicina Xenómica, Anxo Carracedo, será o encargado de abrir o programa de relatorios de Pontesan, que inclúe unha ducia de exposicións. Farao inmediatamente despois da inauguración, o día 26, ás 11.00 horas – á que asistirá- cunha conferencia sobre “Xenética dos trastornos psiquiátricos”.

Pontesan poñerá o foco, nesta ocasión, na información e desinformación, unha temática que centrará a súa mesa de debate, na que catro xornalistas tratarán de dar resposta a cuestións como: Que información é de fiar e cal debe facernos sospeitar? Como valorar as noticias sobre saúde, ciencia ou investigación que aparecen nos medios e as redes sociais? Como buscar respostas, consellos ou axuda en temas de saúde, calidade de vida ou benestar?

A conversa, que se celebrará o sábado 27 (11.00 horas), estará conducida por Juan de Sola (Onda Cero) e nela participarán Tamara Montero (La Voz de Galicia), Laura Filloy (gciencia.com) e Ana de Luis (Prensa Social).

Falando de información Pontesan non pode, nin quere, dar as costas ás redes sociais, por iso suma á nómina de relatores tres influencers: @tonifero, @nuskachousa e @medicilio, que estarán na cidade do Lérez como oradores e ademais entrasen en directo para dar a coñecer Pontesan aos seus miles e miles de seguidores. (@tonífero roza os 2 millóns sumando todas as súas redes; @nuskachousa, os 180.000 e @medicilio, supera os 350.000).

O lema de Pontesan – Información e desinformación- é unha chamada de atención e un convite á reflexión, que non desvía os principios que guían a Feira de Saúde e Benestar desde a súa orixe: visibilizar as distintas discapacidades/diversidades e os retos que teñen por diante; dar a coñecer ao público xeral as numerosas asociacións socio-sanitarias que existen, o seu traballo e prestacións; sensibilizar sobre a importancia do auto-coidado e dos coidados; promover hábitos saudables. Mais tamén é un punto de encontro para reivindicar a equidade social e unha inclusión real e defender a sanidade pública.

Como en anos anteriores, haberá unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue nas inmediacións de Pontesan. Atenderán aos/as potenciais doantes no seguinte horario: venres 26, de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 e sábado 27, de 10.00 a 15.00 horas.

Está pasando!