Mercado das flores de Todos os Santos | Zoom Pontevedra

Pontevedra abrirá mañá o prazo para solicitar un posto no mercado das flores de Todos os Santos

6 Outubro 2025

As persoas interesadas deberán dirixirse ao servizo de Promoción económica situado na Casa da Luz para facer a tramitación previa


A Concellaría de Promoción Económica de Pontevedra, que dirixe Anabel Gulías, prepara xa a celebración do mercado das flores da praza da Ferraría dos días 30 e 31 de outubro con motivo de Todos os Santos.

As persoas interesadas en ser adxudicatarias dun posto neste mercado deberán presentar as súas solicitudes os días 7 e 8 de outubro na oficina do Servizo de Promoción Económica, situado na Casa da Luz.

O número de postos dispoñibles son 24:

  • 5 postos de 2 m2
  • 10 postos de 4 m2
  • 5 postos de 6 m2
  • 1 posto de 8 m2
  • 3 postos de 10 m2

Os postos adxudicaranse por orde de solicitude nas oficinas do Servizo de Promoción Económica en horario de 09:00 a 12:00h.

Cada solicitante so poderá solicitar un posto e deberá presentar a seguinte documentación:

  • Abono da taxa por ocupación de vía pública.
  • Presentación da solicitude cuberta e do xustificante de pago da taxa no rexistro do Concello ou no rexistro electrónico do Concello.
  • O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 15 de outubro.

Finalmente farase a marcaxe dos postos na Praza da Ferraría.

Está pasando!