Digna Rivas con Antonio Cabaleiro e Rita Pérez | Concello de Redondela

Redondela prenderá as luces de Nadal o vindeiro sábado, 29 de novembro

22 Novembro 2025

Redondela celebra o vindeiro sábado, 29 de novembro, o acendido das luces de Nadal cun gran espectáculo. A praza do Concello e as rúas do centro da vila acollerán un pasarrúas e moitas sorpresas desde as 19.00 horas.

A música e a maxia do Nadal estarán presentes nesta xornada, na que non faltarán as sorpresas. O acendido das luces de Nadal será ás 20.00 horas.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que a decoración deste ano suma máis de 5.000 metros cadrados de iluminación, 600 elementos decorativos, 200 arcos e 895.000 luces led.

A iluminación de Nadal, como en anos anteriores, non se limitará aos núcleos urbanos senón que “se estende por todas as parroquias do municipio con figuras decorativas nas rúas, prazas, alamedas, xardíns e elementos singulares como o mercado municipal ou o antigo viaduto”, sinala Rivas.

Está pasando!