Demetrio Gómez presenta o ciclo Resoan | Concello de Pontevedra

O ciclo Resoan traerá un cruce de camiños musicais a través da estética, as paisaxes sonoras, o tempo e o territorio

19 Marzo 2025

Kiki Morente, Rodrigo Cuevas, A banda da Loba, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Abraham Cupeiro son os nomes que figuran neste ciclo cultural de billeteira, que comeza este sábado


O ciclo Resoan comezará esta fin de semana en Pontevedra como unha viaxe cultura e musical a través de distintos estilos, nacionalidades e xéneros.

O edil de Cultura, Demetrio Gómez, presentou a programación que conforma esta proposta, promovida desde o Concello de Pontevedra, e que traerá até Pontevedra as actuacións de Kiki Morente, Rodrigo Cuevas, A Banda da Loba, Rodrigo Cuevas, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre; e Abraham Cupeiro.



«Desenvolverase ao longo das vindeiras semanas, até maio, en tres espazos distintos: o Teatro Principal, o Auditorio do Pazo da Cultura e o Recinto Feiral, que se recupera como espazo musical para actuacións maiores», explicou o concelleiro. «É un ciclo de billeteira, a través de Ataquilla, agás o de Rodrigo Cuevas, que está en Woutick, e do que apenas queda o 20% das entradas».

Gómez quixo sinalar a palabra anglosaxona crossroads, como termo ben achado para definir que é Resoan , porque «a programación enteira atravesa camiños dun lado cara outro para facer cousas novas e sorprendentes».

O primeiro dos concertos será o 22 de marzo, ás 21 horas, no Teatro Principal, con Kiki Morente, dentro da súa xira Azabache.

Está pasando!