Ribadumia celebra a LII Festa do Viño Tinto do Salnés con cuatro días de música, catas e actividades para todos os públicos

4 Xuño 2025

Sen dúbida, á festa que máis relevancia lle da o Concello de Ribadumia é a Festa do Viño Tinto do Salnés (e exaltación das variedades autóctonas), que cada ano, no primeiro fin de semana de xuño, reúne en Barrantes a colleiteiros, veciños e visitantes da comarca e de toda Galicia.

Neste evento rendese homenaxe, non so os tintos autóctonos tipo caíño, mencía ou espadeiro, se non especialmente á variedade híbrida folla redonda, mais coñecida como “tinto Barrantes”.

Do 5 ao 8 de xuño, Barrantes convertese no centro da comarca, con actividades para todos os públicos ó longo do día e da noite, e cunha zona de stands onde se poden apreciar, acompañados dunha tapa ou dun bo prato de polbo á feira, os mellores tintos desta variedade, caracterizada pola súa baixa gradación, pero sobre todo pola súa densa e escura cor.

A festa dará comezo o xoves 5 cunha noite de música electrónica a cargo de Euphoria con Paco Vulkano e Annsthetic DJ.

Venres 6 de xuño

  • 13:00 h. Carpa dos Stands. Apertura e inauguración oficial. Pasarrúas de Os Carballeiras
  • 13:30 h. Carpa dos Stands. Showcooking (Escola de hostalería da Mancomunidade do Salnés)
  • 17:00 h. Pasarrúas Os Demos da Petaca e Os Carballeiras
  • 19:30 h. Capela de Barrantes. Misa cantada – procesión: Coro O Noso Aire de Meis, Os Demos da Petaca, Os Carballeiras e a Banda de Música Municipal de Ribadumia
  • 20:00 h. Carpa dos Stands: Cantos de furanchos ‘Cantaberneiros’
  • 21:00 h. Praza do Concello. Concerto de A Roda e verbena coas orquestras Capitol e Kubo

Sábado 7 de xuño

  • 12:00 h. Casa do Concello. Recepción de autoridades e desfile até a Carballeira de Barrantes
  • 12:30 h. Carballeira de Barrantes: Cata Final e acto de investidura dos valedores do ‘Viño Tinto do Salnés’ presentado por Rocío Patiño e Anxo Varela. Actuación da Agrupación Músico Cultural de Ribadumia e do Grupo de Baile Tradicional e de Gaitas Xironsa. Lectura do pregón a cargo de Juan Meniño ‘O Rei da Comedia’. Degustación gratuíta de viño tinto, pan de millo e chourizos
  • 15:00 h. Pavillón de Barrantes. Xantar de confraternidade e entrega de premios. Actuación da Charanga MIL9
  • 18:30 h. Praza do Concello. Festa da espuma
  • 19:00 h. Avda. Rosalía de Castro. Actuación de Broken Peach e Sufre Mamón tributo a Hombres G
  • 20:00 h. Carpa das Casetas. Cantos de Furanchos ‘Madalieva
  • 21:00 h. Praza do Concello. Concerto da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia
  • 22:30 h. Praza do Concello. Verbena coas orquestras Los Satélites e Olympus

Domingo 8 de xuño

  • 10:00 h. VIII Andaina Solidaria do Concello de Ribadumia (a beneficio de Asociación TDAH Salnés). Pasarrúas de Os Carballeiras e Volandeira
  • 11:00 h. Praza do Concello. Charanga Alambique
  • 12:00 h. Praza do Concello. Concerto da Banda de Música de Ribadumia coa Banda Condado de Noreña
  • 12:00 h. Praza do Concello. Xogos populares con ‘Exodega’ (ata as 18:00h)
  • 12:00 h. Carpa dos Stands. Showcooking (con vermú con viño tinto)
  • 12:30 h. Capela de Barrantes. Misa cantada – procesión, coa Coral Santa Mariña de Cambados, Os Carballeiras e Volandeira
  • 13:00 h. Carpa dos Stands. Sesión Vermú co Dúo Prisma
  • 20:00 h. Praza do Concello. Concerto a cargo de Añoranza e M.80 e verbena coa orquestra Panorama
  • 00:00 h. Peche da festa con fogos de artifício
Está pasando!