XIV Concurso de Slogans contra a violencia de xénero | Concello de Salvaterra de MIño

‘Rompe o silencio, constrúe o respecto’ foi o lema gañador do XIV Concurso de Slogans contra a violencia de xénero no que participaron máis de 90 alumnas e alumnos do IES Salvaterra de Miño

10 Marzo 2025

A iniciativa organizada polo Concello de Salvaterra en colaboración co IES Salvaterra de Miño contou coa participación de máis de 90 alumnas e alumnos do centro


Esta mañá tivo lugar no Concello de Salvaterra de Miño a entrega de premios da XIV edición do Concurso de Slogans contra a violencia de xénero que organiza o Concello de Salvaterra de Miño contando coa colaboración do centro educativo IES Salvaterra de Miño.

En total máis de 90 alumnas e alumnos presentaron o seu slogan a este certame que se celebra cada ano dentro das accións levadas a cabo con motivo da conmemoración do 25 de novembro e contra a violencia de xénero financiadas ó abeiro da subvencion do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

A través do concurso búscase que transmitan unha mensaxe e un posicionamento claro de repulsa contra os malos tratos. Dentro destas iniciativas preténdese asimesmo reunir material para facer unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este tema.

O concurso consta de catro premios: tres deles valorados en 50 euros trocables por material educativo, informático, deportivo, roupa ou música e un primeiro de 150 euros trocable do mesmo xeito e cuxo lema formará parte da campaña de sensibilización a través duns marcapáxinas e material promocional neste caso bolsas co slogan ganador que se repartiron entre o alumnado que participou e que formarán da campaña.

Nesta edición o lema gañador foi ‘Rompe o silencio, constrúe o respecto’ de Iván González de 1º da ESO e os segundos premios foron os slogans ‘Non cales, todos te escoitamos’ de Alicia Castro de 1º ESO, ‘Un contorno con violencia, é un contorno sen convivencia’ de Alejandro Sánchez de 2º ESO e ‘Onde hai sitio para o amor, non hai sitio para a dor’ de Brian González de 3º ESO.

O Concello de Salvaterra leva anos traballando cos máis novos na prevención deste tipo de violencia dende idades tempranas para establecer as bases de relacións sans e saudables.

Está pasando!