O Son da Muralla | Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño prepárase para o festival DJ ao aire libre máis grande de Galicia

1 Agosto 2025

O sábado 2 de agosto o público vibrará coa música de dj’s recoñecidos a nivel internacional e nacional


Un ano máis, dentro da programación do Verán Cultural de Salvaterra, volve un dos festivais máis recoñecidos de Galicia, O Son da Muralla.

O festival que conta con 6 pantallas retransmitindo en directo ademais de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz está preparado para recibir o público que acude de tódolos puntos da comunidade.

Este sábado 2 de agosto no recinto amurallado daranse cita djs recoñecidos nacional e internacionalmente. Esa noite en cabina estarán Wally López, Gigi L´Altro, Silvia G, DJ Charlie, Pedro Pagodes e Muiños.

Dende as 23:00 horas o público bailará coa mellor música electrónica e dance nun festival que chega a súa vixésima terceira edición acadando o pasado ano cifras récord con máis de 13.000 persoas.

A entrada coma tódolos anos é gratuíta e para facilitar o acceso e chegada o festival haberá zonas de aparcamento e transporte público reforzado, incrementándose as liñas de autobús e frecuencia.

Ademais na entrada do festival intalarase un Punto Violeta que se sumará a todo o dispositivo de seguridade que se prepara con motivo deste evento.

Coma cada ano require especial atención a seguridade do público asistente e por todo iso, coordinanse ós equipos de seguridade, voluntarios e sanitarios ante calquera situación posible, cun protocolo activo en casos de acoso.

Está pasando!