Praza do Concello de Salvaterra de Miño | Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra presenta un programa de actividades e iniciativas culturais “para vivilas” durante este Nadal

9 Decembro 2025

O venres 19 de decembro ás 19:00 horas terá lugar a inauguración da decoración da Praza do Concello creada como en anos anteriores por alumnos e alumnas dos centros educativos e do módulo de carpintaría do IES Salvaterra de Miño.


O mes de decembro é un mes especial para as familias e por iso dende o Concello de Salvaterra de Miño elaborase un ano máis un programa con actividades e iniciativas culturais que terá lugar durante as vindeiras semanas.

A programación de Nadal inclúe datas importantes como a visita de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos pero tamén actividades moi aclamadas como a tradicional San Silvestre que este ano parte dende Salvaterra cara a Monção ou o Mercado de Nadal que repite un ano máis.

Precisamente o mercado, que terá lugar os días 19 e 20 decembro, coincide coa inauguración da decoración da Praza do Concello na que participan os centros educativos e o módulo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño e que é un dos puntos diferenciadores e únicos da decoración de Nadal.

Estas figuras e creacións en madeira que fan os alumnos e alumnas tamén se poderán ver noutros puntos do casco urbano aumentando un ano máis os espazos adicados a estas obras magníficas.

Co fin de servir de guía para veciños, veciñas e visitantes elaborase esta programación onde non faltan as actuacións de Nadal das asociacións culturais e deportivas salvaterrenses sen esquecer actividades infantís ou obras de teatro.

Este ano a obra creada polo Obradoiro de Teatro de igualdade cruzará o Miño e chegará o país veciño e poderemos vela no Cine Teatro João Verde en Monção, as invitacións gratuítas recóllense na taquilla do Teatro.

A programación do Nadal 2025 en Salvaterra de Miño é a seguinte:

LUNS 8 DECEMBRO

18:00 – XIII CONCERTO DE NADAL DE LIRA
Casa Cultural de Lira

VENRES 19 DECEMBRO

16:30 a 20:30 – MERCADO DE NADAL
Praza do Concello
Postos artesanía, doces, produtos segunda man…

18:00 – INAUGURACIÓN DECORACIÓN NADAL
Praza do Concello
A decoración na que participaron os alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio e do módulo de carpintaría do IES Salvaterra.
A continuación pequena actuación do Coro do IES Salvaterra

19:00 – GALE-POP, de Francisco Castro de “Nadal en Rede”
Praza do Concello
20:00 – FESTIVAL NADAL A.C. PONTENOVA
Casa Cultura de Salvaterra

SÁBADO 20 DECEMBRO

11:00 a 20:00 – MERCADO DE NADAL
Praza do Concello Postos artesanía, doces, produtos segunda man…

17:00 – OS OURIZOS, espectáculo familias
Praza do Concello

18:00 – FESTIVAL NADAL CPA SALVATERRA
Pavillón Cándido Carrera

20:00 – CONCERTO NADAL CORO CANTEMOS
Igrexa San Lorenzo

DOMINGO 21 DECEMBRO

18:00 – FESTIVAL NADAL CPA CONDADO
Pavillón Cándido Carrera

19:00 – CONCERTO NADAL CORO LACEDURIUM
Igrexa San Lorenzo

LUNS 22 DECEMBRO

17:00 – ANTÓN E O APALPADOR, espectáculo infantil
Praza do Concello

MÉRCORES 24 DECEMBRO

17:00 – VISITA PAPÁ NOEL
Praza do Concello

VENRES 26 DECEMBRO

21:00 – ‘NEURA’, obra de teatro de De Ste Xeito
Casa Cultura Salvaterra

SÁBADO 27 DECEMBRO

20:00 – MINI SAN SILVESTRE MONÇAO
Praza do Concello

20:30 – SAN SILVESTRE MONÇAO-SALVATERRA
Praza do Concello

DOMINGO 28 DECEMBRO

11:00 – IV PROBA LIGA GALEGA MARCHA NÓRDICA
Parque A Canuda

19:00 – CONCERTO FIN DE ANO BANDA MÚSICA SALVATERRA
Casa Cultura Salvaterra

LUNS 29 DECEMBRO

17:30 – CINE ‘TEDDY. LA MAGIA DE NAVIDAD’
Casa Cultura Salvaterra

MARTES 30 DECEMBRO

17:30 – CINE Infantil ‘VAIANA 2’
Casa Cultura de Salvaterra

SÁBADO 3 XANEIRO

22:00 – DRAMIÑO D’RONDA
Especial Nadal “Noites de Teatro” e a obra de Igualdade “CAFÉ CON GOTAS” de Nós Mesmas
Cine Teatro João Verde Monção
(recollida de invitacións na taquilla)

LUNS 5 XANEIRO

16:00 – CABALGATA DE REIS
Praza do Concello
As súas maxestades chegarán a Salvaterra dende a Ponte Internacional para repartir caramelos sen glute entre @s máis pequen@s

Está pasando!