Charo Bouzón presentando as II Xornadas sobre recursos naturais e sostibilidade | Concello de Soutomaior

Soutomaior acollerá os días 15 e 16 de novembro as II Xornadas sobre recursos naturais e sostibilidade

6 Novembro 2025

O sábado, 15 de novembro, e o domingo, 16 de novembro a Casa da Cultura Rexina Míguez Noval acollerá as II Xornadas sobre recursos naturais e sostibilidade que organiza o concello e que teñen como fin, entre outros moitos temas, debater sobre a xestión sostible dos montes ou retos e respostas antes os grandes incendios forestais.


A concelleira de Comunidades, Charo Bouzón presentou nesta xornada II Xornadas sobre recursos naturais e sostibilidade, unha cita que se desenvolverá os días 15 e 16 de novembro na Casa da Cultura Rexina Míguez Noval.

A finalidade desta xornadas é a sensibilización e formación para un aproveitamento racional e sostible dos recursos naturais. A partir de investigacións punteiras, de experiencias e boas prácticas de acción colectiva e, da man de persoas expertas, debaterase sobre a xestión sostible dos montes ou retos e respostas antes os grandes incendios forestais e sobre outros moitos temas que nos darán ideas para implantar esas boas prácticas no noso municipio.

Unha proposta para todas as idades, na que haberá coloquios, dúas saídas micolóxica, obradoiros, magosto e música. Esta é a última acción do proxecto ‘Mancomún’ que ten como fin dinamizar e poñer en valor os recursos naturais e medioambientais a través da participación comunitaria a partir do concepto do mancomún “de acordo a dúas ou máis persoas, ou en unión delas”.

Todas as actividades que se organizan nestas xornadas serán de balde, para todas aquelas que precisan inscrición previa xa está abertas en soutomaior.gal

Así deste xeito o sábado 15 de novembro haberá dúas saídas micolóxicas con MycoGalicia Plantae onde se realizará para identificar a tipoloxía de cogomelos, aprender a recolectar, coñecer curiosidades e usos e a normativa. Xa están abertas as inscricións en liña para estas saídas, unha será de mañá e outra de tarde.

A xornada do domingo virá repleta de actividades na da Cultura Rexina Miguez Noval. O día comezará cunha una mesa coloquio: “grandes incendios forestais. Retos e preguntas” na que participará o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, María Isabel Doval, profesora da Facultade de Ensino e TS da Uvigo, Juan Picos, profesor de Enxeñería Forestal na UVigo, Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán Río (Ourense), Fernando Veiga, profesor de Enxeñería Aeronáutica da UVigo, Breixo Martíns, experto en desenvolvemento territorial da UVigo, Mar Peláez investigadora social e Xosé Antón Araúxo, presidente da CVMC Couso.

A continuación terá lugar o obradoiro “árbores bombeiras”, unha experiencia creativa de arte e natureza contra o lume destinadas a crianzas e para a que non se precisa inscrición previa. Seguidamente terá lugar, ás 14:00 horas, un xantar con petiscos de tempada no que non faltará a empanada de cogumelos, caldo galego, lacón braseado estilo “á feira”… Será de balde soamente para as persoas asistentes ás xornadas.

Xa pola tarde terá lugar o obradoiro de cestería natural, unha cita onde aproveitando os recursos da natureza e a imaxinación imos construír xoguetes partindo de recursos do monte como: follas, madeiras… Destinada a nenas e nenos de máis de 5 anos, é de balde con inscrición previa.

Ás 17:00 horas o protagonista será o obradoiro “A casa das abellas”. Aprende que é unha colmena e como funciona, como se extrae o mel, como facer velas coa cera natural, e moito máis. Público de máis de 5 anos, de balde con inscrición previa.

Ás 18:00 horas chegará a quenda da mesa coloquio “As abellas, pequenas heroínas da natureza”. Con degustación de meles de produción local. Reflexións sobre a súa importancia para un ecosistema en perigo. Son moito máis que produtoras de mel. Interveñen: Pablo Ares. Apicultor e membro da Asociación Stop velutina Umia, Alberto Covelo. CVMC de Vincios, Juan Carlos Cernadas. IXP A Raíña de Vela, Marcos Quintas. Melosiña, Porfirio González. Montesiña.

Unhas xornadas que pecharán as súas portas cun magosto e o directo de “Biversión”, que terá lugar ás 19:30 horas.

Dende o concello de Soutomaior animan e convidan a todo o mundo a participar e formar parte destas II Xornadas sobre recursos naturais e sostibilidade.

Está pasando!