Presentación da área de accesibilidade na web municipal | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta a área de accesibilidade na súa web municipal

23 Outubro 2025

A web municipal pon a disposición das persoas que navegan por este espazo da rede, tecnoloxías deseñadas e desenvolvidas de tal maneira que as persoas con discapacidades poidan usalas e beneficiarse desta ferramenta


A concelleira de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, o concelleiro de Réxime Interior, Diego Moreira, e a técnica da OMIX, Sonia Pintos, presentaron esta mañá esta nova ferramenta coa que xa conta a web municipal do Concello de Soutomaior.

No marco do programa ‘Soutomaior inclusivo’ o Concello avanza na accesibilidade da web municipal poñendo a disposición das persoas que navegan por este sitio web, ferramentas e tecnoloxías deseñadas e desenvolvidas de tal maneira que as persoas con discapacidades poden usalas.

Presentación da área de accesibilidade na web municipal | Concello de Soutomaior

A partir de agora, www.soutomaior.gal é unha web máis inclusiva grazas á ferramenta que podemos identificar mediante un símbolo que aparece na parte inferior dereita da pantalla. Máis concretamente, con esta ferramenta as persoas poden escoller unha serie de preferencias de accesibilidade que afectan a como se accede á información e como se visualiza, por exemplo, no tocante a letras, tamaños, alienación de textos, contrastes de luz…

Tal e como dixo nesta xornada a concelleira de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, “é un gran paso para a nosa web municipal, xa que incrementamos a accesibilidade, melloramos a experiencia das persoas usuarias e fomentamos unha das prioridades desde Goberno como é a inclusión”.

Con esta ferramente dende o Goberno Local comprométense a facer que o sitio web sexa accesible e amigable para o público máis amplo posible, independentemente da súa capacidade. Aportando tempo, a nosa experiencia e creatividade para acelerar a accesibilidade.

Presentación da área de accesibilidade na web municipal | Concello de Soutomaior

O sitio web cumpre as directrices de accesibilidade ao contido web do World Wide Web Consortium (W3C) que é a organización de carácter supranacional que se encarga da supervisión das tecnoloxías e a adopción dos estándares de Internet. Así, deste xeito, utilízase unha interface de accesibilidade que permite ás persoas con discapacidades específicas axustar a interface de usuario/a e o deseño do sitio web segundo as súas preferencias.

Polo tanto, poderán beneficiarse deste novo recurso persoas maiores cuxas habilidades cambian coa idade persoas, persoas con “discapacidades temporais” persoas con “limitacións pola súa localización”, como pode ser baixo a luz do sol entre outras.

Está pasando!