Presentación da campaña ‘Esgotadas, violencias estruturais’ | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta a campaña do 25N baixo o lema ‘Esgotadas, violencias estruturais’

18 Novembro 2025

  • ‘Esgotadas, Violencias estruturais’ este é o lema da campaña Municipal do Concello de Soutomaior no 25N para este ano.
  • Unha campaña centrada nas diferentes violencias estruturais, onde se representan estruturas patriarcais e a violencia á muller dende diferentes ámbitos.

A concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, a directora do CIM de Soutomaior, Cristina García e a avogada do CIM, Clara Rodríguez presentaron a campaña que para este 25N lanzan dende o Concello de Soutomaior.

Baixo o lema ‘Esgotadas, violencias estruturais’ o concello lanza esta campaña referíndose ao dano causada ás mulleres por estrutura social, política, sanitaria, administrativas ou legais que impiden a satisfacción das necesidades humanas básicas sen necesidade de violencia directa.

Na presentación desta campaña explicaron que as violencias estruturais son unha forma de violencia indirecta que pode manifestarse a través da pobreza, da falta de acceso aos servizos, da discriminación, a desigualdade de xénero e, é un xeito tamén de perpetuar a opresión e as desigualdades de xénero.

Neste 25N tal e como dixo a directora do CIM, Cristina García, “faremos un percorrido pasando por diferentes tipos de violencias estruturais como no seu día puido ser a psiquiatría como utilización de control ás mulleres a través do relatorio que vaia a facer Carmen V. Valiña e o obradoiro ‘The Experience’, de Alba Cobo, co libro ‘Agotadas’, onde se fala xustamente de todas estas violencias estruturas que exercen unha opresión importante e unha sobrecarga para as mulleres que as leva a estados de esgotamento físico e psicolóxico”.

Unha situación que é, engadiu García “resultado desta sociedade con pouco relevo comunitario e poucos tecidos de redes que deposita moitísima carga dos coidados, do mundo laboral e do mundo do fogar nas mulleres sen ter unha incorporación masculina a todos estes ámbitos”.

Un 25N que terá a súa programación no Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) e que comezará o 20 de novembro, ás 20:00h, co relatorio anteriormente citado, ‘As tolas que non eran’ de Carmen V. Valiña.

Seguirá a programación o venres 28 de novembro ás 20:00h. coa representación da obra de teatro ‘Anatomía dunha serea’ de Iria Pinheiro e pechará a programación deste ano o 18 de decembro co obradoiro ‘The Experience’, presentación do libro ‘Agotadas’ de Alba Cobo.

Un obradoiro que se expón como unha vivencia artística, corporal e colectiva, que busca explorar o ensaio feminista de Alba sobre o cansazo estrutural que moitas mulleres experimentan e como o descanso pode ser un acto de resistencia. Este obradoiro será de balde e con inscrición previa, do 25 de novembro ao 10 de decembro en https://soutomaior.gal/actividades/

Para rematar, dende o CIM de Soutomaior, quixeron lembrar que a violencia de xénero estrutura, na que se centra neste 2025 o concello de Soutomaior, refírese a desigualdade sistemática e normalizada que hai entre homes e mulleres arraigada en todas as estruturas sociais, políticas e culturais que limita o acceso a moitos recursos das mulleres educativos, a abordaxe sanitaria, limita tamén o seu tempo de ocio e profesional.

Está pasando!