Marga Taboada e Rosana Martínez Boullosa presentan a campaña do 8M | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta a campaña municipal do 8M baixo o lema ‘Herdeiras do sal’

27 Febreiro 2026

O 7 de marzo terá lugar a entrega do premio “María a das mil Flores” a Estrella Cortegoso, a primeira muller mariñeira da Confraría de Arcade.


A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e a Técnica de Igualdade, Marga Taboada presentaron hoxe a programación do 8M no Concello de Soutomaior para este 2026.

Baixo o lema ‘Herdeiras do sal’, este ano a campaña municipal centra o seu foco na  visibilización e recoñecemento da figura das mulleres no mar.

Dentro da programación para este 8M está o acto central, será o sábado 7 de marzo, onde se fará entrega do premio “María a das mil Flores” a Estrella Cotegoso, a primeira muller mariñeira da Confraría de Arcade. Un premio que, lembramos, foi acordado coa maioría de votos no Consello feminista municipal.

Nesta xornada, do 7 de marzo, tamén poderemos descubrir o documental onde se nos conta a vida e a súa relación co mar de Estrella Cortegoso. E, para rematar a xornada, poderemos desfrutar da actuación musical do Orfeón do Berbés. Un acto que comezará ás 20:30 horas no Multiúsos de Arcade e cuxa entrada será de balde ata completar o aforo.

Unha programación que tamén inclúe un obradoiro, de balde, de ‘Artesanía con redes de mar’ que se realizará o 9 de marzo en horario de 16:30 a 20:30 hora no Multiúsos de Arcade. Unha cita impartida por Redeiras Artesás. A inscrición para esta cita abrirá mañá en soutomaior.gal

Dende o concello animan á veciñanza a participar e formar parte destas citas englobadas dentro da celebración do 8M de Soutomaior.

Está pasando!