'Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao' en Vigo

ven27nov20:00'Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao' en VigoVIGOCULTURA 202620:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Chévere e o Centro Dramático Nacional, co apoio da Agadic, presenta o espectáculo ‘Ictus, anatomía da derradeira leición do Dr. Castelao’ no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.

Será o venres 27 de novembro, ás 20:00 horas, como parte da programación de Vigocultura.

En ‘Ictus’, XRon dirixe o elenco formado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Gema Santos e Marcos Pereira.

Chévere utiliza como fío condutor a historia do coñecido cadro de Castelao ‘A derradeira leición do mestre’ para abordar temas como a memoria da emigración e do exilio na Arxentina.

Unha muller entra en escena e conta que sufriu un ictus que lle impide completar os seus recordos. Sabe que tivo o ictus ao saír dun acto que o goberno organizou na Cidade da Cultura para recibir o cadro de Castelao titulado ‘A derradeira leición do mestre’.

Pero non lembra por que estaba alí ou por que lle interesaba ese cadro. Para iso ten que reconstruír todo o que esqueceu. Empeza elaborando un test de memoria que lles envía a outras persoas que estiveron no acto. Quere saber por que estaba alí. Quere sabelo todo sobre aquel cadro. É o seu xeito de non esquecer o que importa.

«Esta é unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre boa memoria e boa democracia e sobre os traumas que provocan alteracións da memoria persoal e colectiva»

Prezo: 10 euros. As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

  • A través de giglon.com
  • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30h. e de 16:30 a 20:00h., e os sábados de 10:00 a 13:30h.
  • El mismo día del espectáculo a partir de una hora antes del comienzo en la taquilla del Auditorio (siempre que hubiera entradas disponibles)

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!