Presentación do I Encontro Inclusivo de Soutomaior | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta o seu I Encontro Inclusivo, un espazo con actividades nas que o benestar das persoas será o epicentro, independentemente das súas capacidades

3 Decembro 2025

  • A cita terá lugar o vindeiro 13 de decembro na carpa de Nadal instalada en Talo Río.
  • Trátase dun programa a través do cal queremos visibilizar a necesidade de normalizar as diferentes capacidades que temos as persoas sen que estas estean estigmatizadas e sexan cuestionadas.

Nace o I Encontro Inclusivo de Soutomaior, unha cita que esta mañá presentaron o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Rosana Martínez Boullosa e Khadija EL GAD Essafi, nai dun neno con diversidade.

Con esta actividade, que se celebrará o vindeiro 13 de decembro na carpa de Nadal que xa está instalada na Alameda de Talo Río, dende o Goberno Local queren que a cidadanía participe en actividades nas que o benestar das persoas sexan o epicentro, independentemente das súas capacidades, camiñar cara unha cultura accesible e inclusiva real aplicada a contextos deportivos, lúdicos, sociais, etc.

Presentación do I Encontro Inclusivo de Soutomaior | Concello de Soutomaior

En definitiva, tal e como dixo hoxe o alcalde, “un espazo para encontrarnos e traballar a partir das diferencias e da igualdade de oportunidades para todas as persoas”.

Para isto, nesta xornada contaremos con entidades cunha ampla experiencia no eido da diversidade que compartirán con todas nós os traballo que realizan como son Celta Integra, a Fundación Celta, Amicos, Asdivalu, Contaz, Lengua de signos ou Andaina.

A maiores nesta xornada tamén informaron que durante ese día contarán con actividades inclusivas deseñadas por estas entidades moi divertidas e interactivas para todas as idades e públicos como son os minixogos de Celta Integra coa súa experiencia en fútbol adaptado que leva a cabo o equipo inclusivo do club, ou a proposta de xogos variados de AMICOS.

Haberá moitas outras actividades como o contacontos ‘A Maleta’ no que conviven a lingua oral e a de signos co equipo de Contaz que nos contará unha fermosa historia ou o espectáculo de circo ‘Volta na rúa’, da Fundación Igualarte cunha proposta artística integral na que participan persoas con diferentes capacidades.

Por último, a concelleira de Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, quixo agradecer “a todas as familias, especialmente ás de Soutomaior a labor que realizar día a día para conseguir a inclusión efectiva dos seus fillos e fillas e loitar xunto a elas pola plena inclusión e porque este camiño sexa un pouco máis fácil cada día”.

Está pasando!