Sonia Pintos, Manu Lourenzo e Rosana Comesaña presentan ‘Moito verán, Soutomaior é moito!’ | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta o seu programa “Moito verán” cun sinfín e actividades para todos os públicos

17 Xuño 2025

Baixo o lema “Soutomaior é moito” o alcalde, a concelleira de Promoción Económica e a técnica da axenda municipal do concello presentaron nesta xornada un programa de actividades rompedor, vivo e dinámico.


O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña e a técnica da OMIX, Sonia Pintos, presentaron nesta xornada o novidoso e rompedor programa da época estival baixo o lema “Moito verán, Soutomaior é moito!”.

Un programa mediante o cal o Concello de Soutomaior aposta, un ano máis, por unha axenda rompedora e de referencia na contorna co fin de converterse nun concello tal e como dixo nesta xornada Manu Lourenzo “vivo, dinámico e activo que todas e todos queremos”.

Unha axenda de actividades que atraeu a miles de persoas no pasado verán rompendo expectativas. Unha axenda na que conflúen actividades de ámbito familiar, sostibles, inclusivas, actividades saudables para todos os públicos acollendo os intereses de toda a cidadanía.

Dende o Goberno Local agardan que todo o investimento da axenda reverta nun incremento en beneficio da hostalería e comercio do concello “con esta programación rompedora”.

A parroquia de Soutomaior conta, un ano máis, con axenda propia e con festas que aglutinan a todo o concello. Por iso este ano Soutomaior contará con actuacións de primeiro nivel como: Paronama, The Rapants, Combo Domicano, Rebeliom do Inframundo, América de Vigo, Gran Parada… estará este verán en Soutomaior para todas as veciñas e veciños.

Tal e como comentou nesta xornada o alcalde, Manu Lourenzo, “con esta axenda Soutomaior consolídase como un concello de referencia con actividades para todas as idades e gustos, agradecemento as veciñas e veciños por participar e sempre estar e ao persoal técnico por implicarse nun nivel de esixencia que nos vai a permitir que o verán de Soutomaior sexa un verán de referencia”.

Manu Lourenzo dixo que “dende o Goberno de Soutomaior estamos convencidos de que este verán suporá un antes e un despois non hai referencias en todo o tempo de tantas actividades e cunha oferta tan diversificada como o deste ano, porque hai moito verán en Soutomaior e Soutomaior é moito”.

De tal xeito a primeira festa que celebrará o concello será o San Xoán na noite do 23 de xuño coa actuación de Son das Tabernas, espectáculos de rúa a cargo de Troula, un espace room das herbas de San Xoán e unha fogueira adaptada.

A seguinte festa será a Orgullosa, a 2º festa das entidades diversas e disidentes que se celebrará ao longo de toda a xornada na Carballeira do Peirao e que contará con actuacións musicais como as de Meiga-I ou The Tetas´Van.

O 6 de xullo chegará o ‘Rebulir’, festival de danza contemporánea que contará con espectáculos recoñecidos e premiados e se celebrará en diferentes espazos do concello.

O sábado 12 de xullo será a quenda dos “Concertos de verán” coas actuación de The Rapants, Rebeliom do inframundo e La Duendentena.

Do 1 ao 7 de agosto chegarán un ano máis as Festas do Patrón, un evento propio que contará coa actuación da Mekánica Rolling Band ou das principais orquestras do país como son a Paronama, o Combo Dominicano, América de Vigo ou Gran Parada.

O 16 de agosto a tradición do mar encherá o Peirao de Arcade cunha nova edición da ‘Recalada’ que contará con moitas actividades e cos directos de Abeleiras de Alxán, Os Carunchos e Chispas do Lérez entre outros.

E a fin de semana do 23 e 24 de agosto chegará unha nova edición do ‘Punkativada’, o festival para xente miúda aterrará coas mellores propostas entre as que se atopa a actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, Peter Punk ou A Banda dos insectos.

Todo na compaña de moitas máis citas que aterrarán este ano en Soutomaior, porque este ano Soutomaior é moito!

Está pasando!