Clara Rodríguez e Rosana Martínez Boullosa presentan o Espazo Concilia Nadal 2025 | Concello de Soutomaior

Soutomaior presenta o seu Espazo Concilia para este Nadal

25 Novembro 2025

  • Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro.
  • Trátase dun espazo de conciliación destinado a crianzas entre 3 e 11 anos.
  • Neste 2024 como novidade, tamén haberá unha oferta concreta e destinada para a conciliación das mozas e mozos de 12 a 16 anos.

Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, ponse en marcha o programa Espazo Concilia de Nadal destinado á conciliación da vida familiar e laboral durante os períodos non lectivos da escola para as familias do Concello de Soutomaior.

A concelleira de Igualdade e de Benestar, Rosana Martínez Boullosa, e a avogada do CIM, Clara Rodríguez, presentaron a oferta de conciliación que dende o Concello de Soutomaior lanzan para este Nadal.

Un programa, que conta con 50 prazas, e que vai dirixido ás crianzas empadroados/as no Concello de Soutomaior, de entre 3 e 16 anos de idade.

O horario deste Espazo Concilia de Nadal, para todas as idades, é de 9 da mañá ás 14 h, pero existe a posibilidade de entrar ás 8 h (aula matinal) e de saír ás 15 h. Polo tanto existen 4 horarios a escoller: opción 1: de 9 a 14 h. ; opción 2: de 8 a 14 h.; opción 3: de 8 a 15 h.; opción 4: de 9 a 15 h.

Este programa está subvencionado polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade, a través da consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

En relación ás inscrición e a asignación de prazas: a inscrición das solicitudes pode facerse dende o martes 2 de decembro ás 9:30 h. ata o martes 9 de decembro ás 14:00 h.

O Campamento desenvolverase do 22 ao 31 de decembro no edificio do Centro de Benestar Integrado (Multiúsos).

Valoracións e puntuación

Asignaranse as prazas segundo criterios de vulnerabilidade, acreditándose no momento da inscrición: familias empadroadas ou que traballen no termo municipal; familias monomarentais/parentais; mulleres en situación de desemprego; vítima de violencia de xénero; perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares; familias con diversidade funcional; familias numerosas e renda por debaixo de 20.844,72 euros.

A documentación a presentar na plataforma durante a inscricións será: DNI da crianza (de non dispoñer del, fotocopia do libro de familia); DNI da nai e o pai; acreditación dos criterios de vulnerabilidade; cumprimentar os anexos de autorización de toma de imaxes.

Dende o departamento de Igualdade informan de que as persoas que non presenten toda a documentación requirida, quedarán excluídas da convocatoria.

Está pasando!