Touriñán regresa a Vilagarcía da man de Perdomo para presentar ‘Amoriños’, o seu novo espectáculo de humor

11 Novembro 2025

  • O monólogo será o 13 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal.
  • O ‘show’, producido pola compañía Ainé, é un ‘First Dates á galega’, con citas tolas e paixóns imposibles”, segundo pode lerse na súa sinopse.
  • As entradas xa están dispoñibles en Ataquilla.com.

“Sabemos que os billetes van a voar, como xa pasou en outubro con ‘Somos criminais e punto final’ de Touriñán e Carlos Blanco”, apuntou a concelleira de Cultura, Sonia Outón.

Nesa ocasión, a compañía tivo que programar dúas funcións para atender a cantidade de demanda que había. De feito, como xa se dixo, esgotaron as 1.500 entradas dispoñibles.

Agora, Xose A. Touriñán repite escenario pero da man de Perdomo, co que xa traballou nos shows ‘Corentena’ e ‘Corentena-Game Over’, tamén con moi bos resultados na cidade.

‘Amoriños’ é un espectáculo citas tolas, paixóns imposibles e protagonizado por personaxes que non deberían xuntarse pero que o fan igual. Un ‘First Dates’ á galega, humor salvaxe e moito corazón.

As entradas, á venda en Ataquilla.com teñen un prezo de entre 15 e 20 euros, gastos de xestión aparte. De non esgotarse, tamén se porán á venta na billeteira dúas horas antes da actuación.

Está pasando!