Paco Nogueiras co seu espectáculo ‘Son animal’ | Concello de Pontevedra

Unha fin de semana chea de estreas no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

24 Marzo 2025

  • A maiores do espectáculo inaugural, feito en exclusiva para este evento, a rapazada puido gozar, en primicia de ‘Contos… entre cordas’ de María da Pontaghra e Bleuen Le Friec, ‘Voilà le cinéma’ de Lucoíña Pasea e ‘A historia de Lumecú’ de Percubebés, destinado a cativada de 0-3 anos
  • O cinema estivo moi presente en todas as actividades, como os obradoiros ‘A peli de Orbil’ de Producciones Mutantes, ‘Da liña á imaxe’ de Taller Abierto, ou as levadas a cabo por Alouette Machine, Sofía Venzel e Michel Casado ou Kairós que tiveron como protagonistas a ‘Jules Verne’ e ‘O Principiño
  • A ilustradora do cartel desta edición, Nuria Diaz, impartiu un obradoiro sobre o ‘Universo Chaplin’
  • Bleuen Le Friec achegou danzas e melodías bretoas a cativada en dúas sesións diferentes para cativada e público adulto, que tamén puido gozar do primeiro dos Faladoiros VIP, sobre o renacer de ‘Criaturas’, a revista de crítica de literatura infantil e xuvenil

O Salón do Libro, botou a andar o pasado vernes 21 co espectáculo exclusivo ‘Luces, cámara, acción, … que vén o Salón’. A posterior apertura de portas da man de Orbil e Macerline, deu paso a unha fin de semana de película, con varias estreas destacadas e unha morea de actividades para todos os públicos, onde non faltaron as referencias ao cinema e a cultura francesa.

Na xornada do sábado os bebés de 0-3 anos gozaron da première de ‘A historia de Lumecú’ da man de Percubebés con Marcelo Dobode e Bea Martínez en 3 sesións as 12.00, 17,00 e 18.30 h. Para público familiar, a estrea correu a cargo de María da Pontaghra e Bleuen Le Friec, nun contactontos que fusionou a tradición oral galega coa arpa bretoa. Logo, a cativada puido gozar tamén de melodías e danzas bretoas no obradoiro ‘Oh la dilan dilo’ que contou a posteriori no Mercado cun pase para público adulto que esgotou as prazas.



Con Producciones Mutantes e Taller Abierto, afondamos no mundo do cinema, creando películas con Orbil como protagonista, coñecendo e debuxando diferentes tipos de planos e asumindo roles de guionistas, directoras, cámaras, etc. Tamén coñecemos o Universo Chaplin da man da ilustradora Nuria Diaz, responsable da ilustración do cartaz, coa que a cativada asistente fixo un boneco articulado.

A música estivo a cargo de Paco Nogueiras co seu espectáculo ‘Son animal’ que puxo a bailar a cativada e familias na tarde do sábado no Recinto Feiral, que rematou co primeiro dos Faladoiros VIP, destinado a público adulto e no que Daniel Landesa, Miguel Vázquez Freire e Tensi Gesteira falaron sobre o relanzamento da Revista Criaturas que comeza unha nova xeira para a crítica e divulgación de literatura infantil e xuvenil.

O domingo o cinema foi de novo protagonista de diversas actividades, comezando por ‘Verne 4.0’ de Sofía Venzel e Michel Casado ou os obradoiros creativos impartidos por Alouette Machine, ‘O Principiño’ ou ‘Jules Verne’ que estiveron ao longo de todo o día coa súa imprenta móbil con ‘Ex libres, afiches et livres’. Dentro do ciclo de cinema no Principal programado da man do cineclube, a rapazada puido gozar con ‘O malvado raposo feroz. Le Grand Mérchat Renard et autres contes’.


Alouette Machine coa súa imprenta móbil | Concello de Pontevedra

Tamén en primicia, as amigas de Leucoíña Pasea, presentaron ‘Voilà le cinéma’ mesturando contos e cantigas de película.

Os bebés de 1 a 4 anos contaron con 3 sesións de ‘Mosca remosca’ de Charo Pita, mesturando contos e cantigas que fixeron gozar aos/as máis pequenos/as da casa.

Durante toda a fin de semana regresaron ao Salón os exitosos obradoiros de cociña da man de Reviravolta, que prepararon nas xornadas de sábado e domingo receitas francesas como os croissants recheos e crêpes de chocolate e plátano e tamén a exposición do Museo do Videoxogo con varios obradoiros.

O espectáculo de maxia, ‘A maxia do cinema’ onde os magos Paco, Teto, El Barón, Nacho Samena levaron a cabo diferentes números de ilusionismo que encarnaron os xéneros cinematográficos, do cinema clásico ás películas de acción, pasando pola fantasía e a ciencia ficción, puxo o peche á primeira fin de semana con excelente acollida.

Ao longo da semana, terán lugar en horario matinal diferentes actividades concertadas con centros escolares colaboradores e pola tarde para público infantil e familiar.

Está pasando!