Vilagarcía estrea este domingo a novena edición do ciclo musical “Achégate ao Salón!” co concerto do dúo madrileño Merino

4 Febreiro 2026

  • O Salón García vibrará coa cativadora voz de Sandra e co pop-indie dunha formación que pasou de tocar na rúa en 2019 a encher salas e formar parte dos carteis dos principais festivais do territorio nacional.
  • Co patio de butacas xa repleto, aínda quedan entradas dispoñibles nos anfiteatros do emblemático recinto vilagarcián.
  • A actuación comeza ás 12:30 horas.

Sandra Merino (compositora, guitarrista e cantante) presta o seu apelido para nomear ao dúo que forma con Alex Gallego (batería e deseño de show). Coñecidos polo seu “pop de alto voltaxe emocional”, buscan tocar as fibras do público con letras introspectivas á vez que inspiradoras e cunha espectacular posta en escena.

Entre os seus traballos de Merino destacan “‘Piel, Equilibrio y Humo” (2020), “Himnos de Guerra” (2023), “El Bosque” (2025) e temas como “El Laberinto”.

Rematado o prazo para a adquisición dos abonos para asistir aos tres espectáculos incluídos no “Achégate ao Salón!” deste ano, quedan á venta entradas individuais para cada unha das actuacións. O billete xeral, para público adulto, custa 12 euros e para menores de 16 anos e persoas desempregadas, 6. Poden comprarse en Ataquilla.com (máis gastos de xestión).

O ciclo dos concertos matutinos organizados pola Concellería de Cultura continuará coa actuación do dúo feminino Repion, o 29 de marzo, e pecharase o 26 de abril coa de Gala i Ovidio, o novo proxecto da Tanxugueira Aida Tarrío xunto con Raül Refree.

Está pasando!