Presentación da Costa Atlántica MTB Tour | © Concello de Pontevedra

Volve a Costa Atlántica MTB Tour cun percorrido de luxo que combinará montaña e contorna urbana

5 Setembro 2023

A organización agarda a participación de máis de 150 ciclistas nunha proba que continúa a celebrarse un ano máis na contorna da Boa Vila


A concelleira de Deportes de Pontevedra, Anabel Gulías, participou este martes, 5 de setembro, na presentación da proba ciclista Costa Atlántica MTB Tour, que se desenvolverá na contorna da cidade de Pontevedra ao longo dos días 8, 9 e 10 de setembro.

Durante a comparecencia tamén se contou coa presencia de María Ramallo, representando á Deputación de Pontevedra; Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo; e o o responsable da firma Global DXT, Josevi Cimadevila.

A Costa Atlántica MTB Tour, aparece no calendario como a única proba de Galicia de MTB por etapas, e contará con máis de 150 participantes na súa saída. Os ciclistas poden competir de forma individual ou en parellas, conformándose múltiples categorías por idades.



O resumo das tres etapas é o seguinte:

ETAPA CRONO – Con saída na Praza de España e Chegada na Praza de Santa María, esta crono urbana de 3 km, percorre o centro da cidade, deixando unha espectacular estampa. Os corredores teñen dende as 19:30 horas, unha hora para poder testear o circuito é ás 20:30 horas comeza a proba, na que en grupos de 3 ou 4 corredores e cun espazo de 1 minutos entre cada tanda, terán que tentar facer o menor tempo posible. Subidas, baixadas, escaleiras, zonas ratoneiras, etc é o que amosa este espectacular circuito. Unha vez finalizada a proba, entregaranse na Praza da Ferrería ás 21:30 horas, os maillots de líder de cada unha das categorías.

ETAPA 2 – Etapa que sae ás 9:00 horas dende a praza da Ferrería. Conta con 81 km e 1800 metros de acumulado positivo. Unha etapa costeira que comeza subindo o monte Castrove para levarnos cara a Meaño, nunha espectacular baixada pola súa ruta dos muiños. Dende Meaño, e pegados á costa, a proba dirixirase cara a Cambados, deixando estampas espectaculares da nosa ría. En Cambados, seguindo a marxe do río, a proba diríxese por sendeiros cara Ribadumia, para subir pola ruta da Pedra da Auga, na que as costas de subida serán pronunciadas ata chegar o Mosteiro de Armenteira. Dende aquí, o participante dirixirase novamente cara o Castrove para poder pouco a pouco acercarse novamente a Pontevedra. Estímase que os primeiros participantes en cruzar a liña de meta, sobre as 12:15 horas. Xa na meta, os participantes poderán recibir unha masaxe e tamén desfrutar da “callos party” que ten preparada a organización. Ás 14:30 horas, realizarase a entrega de trofeos ós gañadores da etapa e os maillot de líder.

ETAPA 3 – Novamente os participantes sairán da Praza da Ferrería ás 9 da mañá, e neste caso dirixiranse ó lago Castiñeiras. A etapa é de 65 km con 1600 metros de desnivel acumulado positivo. Esta é unha etapa mais técnica, chea de sendeiros tanto de subida e de baixada e cunhas espectaculares vistas á ria. É unha etapa de puro MTB na que a pesar de ser mais curta, espérase a chegada dos primeiros participantes ás 12:15 da mañá. As vistas á ría dende o banco de Pastoriza, a Cruz de Hermelo, a subida ó monte Paralaia, o Lago Castiñeiras, son algúns dos espectáculos que poderán desfrutar os participantes. Unha vez rematada a etapa, poderán desfrutar dos servizos da etapa anterior é as 14;30 da entrega de prezos tanto da etapa como da xeral.

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, agradeceu a presencia da Deputación, da Federación Galega e da organizadora do evento na presentación, lembrando que é «un pracer» poder participar e colaborar na realización desta proba deportiva.

«Sempre que se fala de deporte falamos de beneficios: económicos, turísticos, para a saúde… Trátase dun evento que se fai en Pontevedra porque temos a cidade preparara para o deporte», indicou a edil. «Namentres traballemos con este modelo urbamo en concreto facilitaremos todas as actividades deportivas que pasen non só polos arredoes, senón polo centro da cidade».

Está pasando!